STS-64 | |
---|---|
![]() Lanzamento da misión STS-64. | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 9 de setembro de 1994, 22:22 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6] |
Duración da misión | 10,95 días[6] |
Obxectivo da misión | Observacións astronómicas coa plataforma SPARTAN-201 e realización de varios experimentos a bordo.[3][6] |
Regreso | 20 de setembro de 1994[6] |
Sitio de regreso | Centro Espacial Kennedy |
NSSDC ID | 1994-059A |
STS-64 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 9 de setembro de 1994 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
STS-64, con seis astronautas a bordo, foi lanzada para facer varios experimentos a bordo, realizar observacións astronómicas coa plataforma SPARTAN-201 e utilizar por primeira vez o instrumento LITE, un lídar desde o espazo para estudar a atmosfera terrestre. A tripulación estaba formada polo comandante Richard N. Richards, o piloto L. Blaine Hammond e os especialistas de misión Jerry M. Linenger, Susan J. Helms, Carl J. Meade e Mark C. Lee. Durante a misión tivo lugar a primeira actividade extravehicular estadounidense sen cables en dez anos e na que Lee e Meade probaron unha mochila propulsora denominada SAFER para uso en caso de que un astronauta se soltara accidentalmente das súas agarradeiras durante un paseo espacial.[3][5][6][7]
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 20 de setembro de 1994.[3][5][6][7]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-64 ![]() |