S Ori J053810.1-023626 | |
Data de observación Época X2000 Equinoccio X2000 | |
---|---|
Constelación | Orión |
Ascensión recta | 05h 38m 10.10s[1] |
Declinación | -02° 36′ 00.0″[1] |
Características | |
Tipo espectral | T6[2][3] |
Magnitude aparente (H) | 20.07[4] |
Astrometría | |
Movemento propio (μ) | RA: 10[1] mas/ano Dec.: 5[1] mas/ano |
Distancia | 1,150[5] al (352[4] pc) |
Detalles | |
Masa | 3[6] MXup |
Gravidade superficial (log g) | 3,5[6] |
Idade | 3[6] Ma |
Outras denominacións | |
Referencias en bases de datos | |
SIMBAD | datos |
S Ori 70 ou S Ori J053810.1-023626 é un obxecto astronómico de tipo T que está situado en primeiro plano no cúmulo estelar de Sigma Orionis, que está a aproximadamente 1.150 anos luz de Terra. Foi descuberto o 24 de novembro de 2002 polo equipo de M. R. Zapatero Osorio e E. L. Martín no Observatorio de Roque de los Muchachos. Aínda non se determinou se é unha anana marrón ou un planeta de 3 millóns de anos de idade que forma parte do cúmulo anteriormente citado. As imaxes da espectroscopia no infravermello próximo tomadas 3 anos despois do seu descubrimento levaron ás primeiras medidas do movemento do obxecto. O seu comportamento é significativamente diferente do que se podía esperar; ademais describiuse a súa atmosfera coma de baixa gravidade ou unha atmosfera con metalicidade. O pequeno movemento propio do obxecto suxire que está máis lonxe do esperado se fose unha simple anana marrón.
O cúmulo aberto Sigma Orionis foi o foco das observacións do equipo de Osorio debido á idade do cúmulo (aproximadamente de 3 a 8 millóns de anos). O cúmulo tamén ten unha extinción baixa, a súa distancia resulta conveniente, e obsérvase que é rico e denso. Usando o Telescopio William Herschel de 4,2 metros para unha mini-procura profunda cun radio de 55 minutos de arco ó cadrado e cunha sensibilidade de 21 magnitudes nas bandas J e H,[6] permitiu ó equipo atopar S Ori 70. Os datos brutos recollidos reducíronse a IRAF (un acrónimo en inglés para redución e análise de imaxes), unha técnica estándar empregada con imaxes de infravermellos próximos; despois de subtrae-lo fondo do ceo e a corrente escura, o espectro do obxecto extraído foi revelado. Éra o membro máis tenue e frío atopado no cúmulo e recibiu o nome de S Ori 70.
Adam J. Burgasser[9][10] examinou as afirmacións do descubrimento da anana marrón tipo-T de Osorio e a súa masa baixa verificada espectroscópicamente. Fíxose unha comparación do espectro de banda J entre S Ori 70 e outros obxectos próximos. O espectro da banda J revelou unha morfoloxía espectral distintiva de forma triangular que fora previamente explicada por Osorio e Martin debido á baixa gravidade da superficie. Para ver se se produciran discrepancias semellantes no comportamento da anana T, o equipo de Burgasser comparou os datos das afirmacións de Osorio cos modelos COND estándar. Escalas de lonxitude de onda idénticas interpoladas a través de espectros empíricos e modelos foron suavizadas por procesos de Gauss; isto mostrou que os modelos espectrais máis axustados poden producir gravidades distorsionadas para ananas T de tipo tardío, o cal dou coma resultado a subestimación da idade e da masa. Burgasser concluíu que S Ori 70 non é un membro do cúmulo Sigma Ori senón que é unha anana marrón en primeiro plano. Un estudo máis profundo do obxecto suxire que a baixa gravidade non provén da anana de tipo T, senón dunha estrela de fondo próxima.[9] Ata o ano 2009 non existían datos científicos directos que rexeitasen ou confirmasen ningunha das conclusións.
Podería ser o primeiro planeta orfo descuberto[5] cunha masa de 3 Mx, pero necesitase confirmación.