Sabaria foi un territorio semiautónomo, entre os reinos Suevo e Visigodo, nos séculos IV e VI que ocuparía a zona que vai de Benavente a Salamanca e de Sayago a Simancas. Esta autonomía reflectiríase na cuñaxe de moeda propia, pero isto parece ser unha confusión coa ceca visigoda de Senimure-Semure (a Zamora actual)[1].
As referencias históricas son escasas, pero cabe destacar a nómina de bispos asistentes ao Concilio de Braga en 408, na que constan os bispos de Asturica Augusta, Legio, Salmántica e Sabaria.
No ano 572, o rei suevo Miro ataca a sappos e runcones, nun movemento previo ao ataque contra os visigodos. O ano 573, Leovixildo procede contra os sappos de Sabaria[2] e conquista a zona, como paso previo á conquista do Reino Suevo.
No ano 576 Leovixildo arrasa a zona (destrución de Sabaria, demolición das fortificacións de Zamora,...) como medida preventiva ante a definitiva conquista do Reino Suevo, aínda que diversos problemas internos aprazan esa intervención ata o ano 585.
A localización do territorio relacionouse con:
En canto aos seus habitantes, fanse descender de: