Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 11 de maio de 1999 (25 anos) Techiman, Ghana (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,85 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Sabit Abdulai, nado en Techiman, Bono Oriental, Ghana, o 11 de maio de 1999, é un futbolista ghanés, que xoga como centrocampista no Lugo, da Primeira División RFEF, cedido polo Getafe.
Nacido en Techiman,[1] formouse como futbolista no club Spartans de Kasoa, trasladándose en 2017 a España para incorporarse ao Deportivo Alavés. Con todo, por problemas cos documentos non puido fichar polo club vasco.[2] Máis tarde probou co Rio Ave (onde tampouco puido asinar contrato por problemas administrativos) e coa UB Conquense, antes de incorporarse ao Extremadura UD en xullo de 2018, en calidade de cedido polo Spartans. Foi destinado ao equipo filial da Tercera División, onde se fixo coa titularidade, conseguindo así que o club o adquirise en propiedade e lle fixese un contrato de cinco anos.
O 4 de xullo de 2020 debutou co primeiro equipo do Extremadura na Segunda División, nun partido ante o Numancia no que substituíu o seu compatriota Emmanuel Lomotey na segunda parte.[3] Marcou o seu primeiro gol co equipo 16 días despois, facendo o único tanto estremeño na derrota por 1-5 ante a UD Las Palmas.[4]
En agosto de 2020 saíu cedido ao Getafe B, da Segunda División B.[5] O 3 de abril de 2021 debutou co primeiro equipo do Getafe na Primeira División, substituíndo a Carles Aleñá nos minutos finais dun partido ante Osasuna. Disputou dous partidos máis da máxima categoría, incluído un ante o FC Barcelona no Camp Nou, onde tivo a difícil tarefa de frear a Leo Messi.[2]
Ese mesmo 2001 asinou un contrato por tres anos co Getafe, pero en xullo sufriu unha grave lesión no xeonllo,[6] permanecendo de baixa durante oito meses.[7] En agosto de 2022 foi cedido á Ponferradina, da Segunda División.[8] Disputou 20 partidos co club berciano, sen poder evitar o descenso do equipo. Para a tempada 2023/24 foi cedido ao Lugo, da Primeira División RFEF.[9]