Saga de Erik o Roxo | |
---|---|
Título orixinal | Eiríks saga rauða |
Lingua | nórdico antigo |
Xénero(s) | Saga |
Primeira edición galega | |
Editorial | Rinoceronte Editora |
Data de pub. | 2010 |
Páxinas | 93 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Saga de Erik o Roxo (nórdico antigo: Eiríks saga rauða) é unha obra literaria en prosa que narra as aventuras dun grupo de viquingos que colonizaron Groenlandia, Marklandia e Vinlandia.
Esta é unha das sagas islandesas do século XIII, de autor anónimo. Consérvanse dúas versións diferentes en senllos manuscritos: o Hauksbók (século XIV) e mais o Skálholtsbók (século XV).
Foi editada en galego por Rinoceronte Editora, cunha tradución de Elías Portela.[1]
Este é un dos rexistros e fontes utilizados polos investigadores para estudar o posíbel contacto entre Europa e América no ano 1000, uns cinco séculos antes da chegada de Cristovo Colón.
En esencia, a Saga de Erik o Roxo relata os mesmos acontecementos que a Saga dos Groenlandeses: Uns viquingos de orixe norueguesa, entre eles Erik o Roxo, parten desde Islandia e descobren Groenlandia, a cal colonizan. Máis tarde, Leif Eriksson diríxese máis ao oeste e establécese na terra que denominan Vinland (Terra do Viño), pero os ataques de indíxenas e outras dificultades obrígaos a retirárense, ao cabo duns anos.