Salgueiro retorto | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Tirarrollas (corkscrew), variante do salgueiro retorto (Salix matsudana cv. 'Tortuosa') plantado no Xardín botánico de Montreal no Canadá | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Salix matsudana' Koidz. |
O salgueiro retorto ou salgueiro tortuoso (Salix matsudana) é unha especie de salgueiro nativo do nordés da China. A especie chámase deste xeito en honra a Sadahisa Matsuda, un botanista xaponés.[1] Recoñécense tres variedades, Salix matsudana var. anshanensis, S. matsudana var. matsudana, e S. matsudana var. pseudomatsudana. O cultivo da especie é moi común na China. A variedade hortícola coas pólas retortas, que realmente dá o nome galego, é amplamente cultivado; en inglés coñécese coma corkscrew willow (literamente "salgueiro tirarrollas"), é amplamente cultivado. Ás veces considérase sinónimo do salgueiro chorón (Salix babylonica). En Galiza aparece como ornamental en parques e xardíns urbanos.
Salix matsudana é unha árbore de folla caediza de mediano a gran tamaño e rápido crecemento que acada de 6 a 13 metros de alto; mais que ten unha vida curta. E unha árbore dioica, con candeas masculinas e femininas en pés distintos. As follas son estreitas, de cor verde clara, entre 4–10 cm de longo e 1–2 cm de largo. As flores aparecen en candeas que aparecen cedo na primavera[1][2]
A Flora of China (Flora da China)[1] recoñece tres variedades dentro da especie Salix matsudana:
Moitos botanistas, salientando o experto en salgueiros ruso Alexei Konstantinovich Skvortsov, trata o Salix matsudana coma sinónimo do salgueiro chorón (Salix babylonica), que, malia o nome científico, tamén é nativo do norte da China. A única diferenza identificada entre ambas as dúas especies é que S. matsudana ten dous nectarios en cada flor feminina, mentres que S. babylonica ten só un; porén esta característica é variábel en moitos salgueiros (por exemplo o salgueiro irto, Salix fragilis, pode ter un ou dous), polo que incluso esta diferenza non sería unha motivo de distinción das dúas especies.[3]
O salgueiro retorto foi introducido en moitas zonas coma planta ornamental, por exemplo Australia, Europa (incluíndo Galiza) e América do Norte.
Un cultivar moi popular desta especie e que dá o nome en galego é Salix matsudana 'Tortuosa', coñecido en inglés coma "Corkscrew willow" (literalmente "salgueiro tirarrollas"), cuxas pólas fican retortas en espiral, coma un tirarrollas. É tamén moi cultivado coma bonsai e empregado en arranxos florais, tanto pola súa forma como polas súas pólas tortas. Porén, este cultivar é susceptíbel aos cancros, e tamén, pola febleza das pólas e da madeira, pode facilmente danarse coas tormentas e saraibas. Os cultivares que foron seleccionados para resistir isto inclúen "Golden Curls" (un híbrido co salgueiro branco (Salix alba)); "Scarlet Curls"; e "Navajo", o "Salgueiro Navajo" foi seleccionado no suroeste dos Estados Unidos.
Outro cultivar híbrido dos salgueiros retorto e branco é o "Austree"; un cultivar cun crecemento rápido excepcional coas pólas rectas, empregado coma pantalla e en sebes. Porén este cultivar é tamén sensíbel aos cancros e outras doenzas; facéndoo de duración curta.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Salgueiro retorto |