O salinon é unha figura xeométrica composta por un semicírculo, da que se eliminaron dous semicírculos congruentes dos lados e ao que se lle engade un semicírculo oposto que conecta os extremos dos dous semicírculos congruentes. O salinón foi introducido por Arquímedes no seu Liber Assumptorum . A figura ten simetría especular.
A palabra salinon provén do grego e significa cunca de sal .