Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de setembro de 1949 (75 anos) Londres, Reino Unido |
Actividade | |
Ocupación | directora de cinema, actriz, director teatral, compositora de bandas sonoras, guionista, produtora, realizadora |
Período de actividade | 1979 - |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Christopher Sheppard |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Women film directors : an international bio-critical dictionary (en) The St. James women filmmakers encyclopedia (en) |
Sitio web | sallypotter.com |
|
Charlotte Sally Potter, nada en Londres o 19 de setembro de 1949, é unha directora de cine, guionista e actriz británica.
Potter empezou a realizar filmes á idade de 14 anos, cando un dos seus tíos lle regalou unha videocámara.[1] Abandonou os seus estudos para dedicarse á dirección. En 1970 uniuse á organización London Filme-Makers' Co-op onde empezou a realizar filmes experimentais. En 1979 dirixiu unha curtametraxe chamada Thriller, que se converteu nun éxito no seu país. En 1983 dirixiu a súa primeira longametraxe, The Gold Diggers (1983), protagonizada por Julie Christie.
Como directora da internacionalmente distribuída Orlando (1992), Potter obtivo grande apreciación da crítica pola súa dirección e o seu guión. Protagonizada por Tilda Swinton, o filme baseouse na novela do mesmo nome de Virginia Woolf e foi adaptada á pantalla grande pola mesma Potter.[2][3] Tras a súa exitosa dirección en Orlando, Potter dirixiu os filmes The Tango Lesson (1997), The Man Who Cried (2000), Yes (2004), Rage (2009), Ginger & Rosa (2012) e The Party (2017).[4] Foi nomeada Oficial da Orde do Imperio Británico en 2012.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sally Potter |