Salterio dos Apalaches | |
---|---|
Nomes alternativos:Salterio das Montañas, Dulcimer | |
O salterio dos Apalaches (en inglés: Appalachian dulcimer), tamén coñecido como o Salterio das Montañas Apalaches (en inglés: Mountain Dulcimer ), é un instrumento de corda con trastes da familia das cítolas e salterios usado na música popular estadounidense. Procede da rexión dos Montes Apalaches, da que deriva o seu nome. Fíxose moi coñecido na década de 2000 debido ao uso constante que a cantante e actriz Cyndi Lauper fixo deste instrumento.
A elaboración de salterios nos Apalaches adoita a ser feita por pequenas empresas familiares situadas no sur dos Estados Unidos e particularmente na rexión dos Montes Apalaches. O libro do luthier John Bailey ofrece instrucións para construír un salterio tradicional.
No Brasil, Dulcimer Brasil [1] fabrica o salterio tradicional dos Apalaches, a variante "corteo", o "braço duplo" e o "curvado", que se toca cun arco.[2]
No Brasil, o Salterio Apalache é usado pola banda de grunge e rock alternativo A Primitiva Sociedade Romântica.[3][4]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Salterio dos Apalaches |
A Galipedia ten un portal sobre: Música |
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |