Saltopus Rango fósil: 228 Ma Triásico Superior | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||
''Saltopus elginensis'' von Huene, 1910 |
Saltopus é un xénero de dinosauro bípede moi pequeno do que só se coñece unha única especie S. elginensis. Viviu durante o período Triásico tardío no que no presente é Escocia. É un dos máis famosos réptiles de Elgin.
Saltopus elginensis é coñecido por un único esqueleto parcial ao que lle falta a caveira mais que inclúe partes da columna vertebral, as extremidades anteriores, a pelve e as extremidades posteriores. Estes conserváronse principalmente como impresións ou fundicións naturais no gres e conta con moi pouco material óseo.[1] Tiña a metade de tamaño dun gato doméstico, e podería chegar a medir entre 80 e 100 cm de longo.[2] Tiña os ósos ocos coma os dos paxaros e outros dinosauros. É probable que o seu peso roldase arredor de 1 kg. A maioría da súa lonxitude está atribuída á súa longa cola. Tiña mans con cinco dedos, sendo o cuarto e o quinto máis pequenos que os outros. Ao contrario da descrición orixinal, en 2011 estabeleceuse que o sacro estaba composto de dúas vértebras, sendo esta unha condición primitiva, e non por catro.[2]