Salvador (Puig Antich) | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Salvador (Puig Antich) |
Director | Manuel Huerga |
Produtor | Jaume Roures |
Guión | Lluís Arcarazo |
Baseado en | Libro de Francesc Escribano |
Intérpretes | Daniel Brühl Tristán Ulloa Leonardo Sbaraglia Leonor Watling Ingrid Rubio |
Música | Lluís Llach |
Fotografía | David Omedes |
Montaxe | Aixalà Santi Borricón |
Estudio | Future Films Mediapro |
Distribuidora | 20th Century Fox |
Estrea | 8 de setembro de 2006 |
Duración | 134 minutos |
Orixe | España Reino Unido |
Xénero | Drama |
Recadación | 2,7 millóns de € |
Na rede | |
Salvador (Puig Antich) é un filme español de 2006 dirixido por Manuel Huerga e protagonizada por Daniel Brühl. Baséase no libro de 2001 de Francesc Escribano Cuenta atrás. La historia de Salvador Puig Antich.[1] O filme reconstrúe os últimos anos, a detención, o proceso e a execución por medio de garrote vil de Salvador Puig Antich o 2 de marzo de 1974. Gañou o Premio Goya ó mellor guión adaptado, escrito por Lluís Arcarazo.
O filme estreouse na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2006.[2]
A finais da ditadura franquista, un grupo anarquista coñecido como Movemento Ibérico de Liberación (MIL) dedícase a cometer atracos co obxectivo de obter cartos para as súas actividades en contra da ditadura. Mais a situación muda cando no medio dun tiroteo morre un policía e o acusado é un dos seus membros: Salvador Puig Antich (Daniel Brühl). Xulgado por un consello de guerra que fixo desaparecer probas, Salvador foi sentenciado a morte e fixo o posíbel por demostrar a súa inocencia.