Samoa Airways

Samoa Airways
IATA
OL
OACI
PAO
Indicativo
POLYNESIAN
Fundación1959 (como Polynesian Airlines)
Aeroporto principalaeroporto de Faleolo
Frota4
Destinos7
HoldingGoberno de Samoa
Páxina web: https://samoaairways.com/

Samoa Airways, anteriormente Polynesian Airlines, é a aeroliña nacional de Samoa. A compañía fundouse no ano 1959 co nome de Polynesian Airlines, proporrcionando voos domésticos e internacionais a través do Pacífico Sur. As operación internacional suspendéronse temporalmente en 2005 e comezaron a ser operados pola nova aeroliña Polynesian Blue (posteriormente Virgin Samoa), antes de ser reanudadas baixo o novo nome da compañía, Samoa Airways, a finais de 2017.

Samoa Airways é na súa totalidade propiedade do goberno de Samoa e está baseada na súa capital, Apia. A súa sede está no edificio Samoa National Provident Fund en Beach Road e o seu principal centro de conexións é o aeroporto de Faleolo. A día de hoxe a compañía opera voos de curto alcance dentro de Samoa e da Samoa Americana, e voos de longo alcance cara Australia e Nova Zelandia.

En agosto de 2007 a frota de Samoa Airways estaba formada polos seguintes avións:[1]

Frota de Samoa Airways
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
C Y Total
Boeing 737-800 1 8 162 170 Operado por Neos[2]
De Havilland Canada DHC-6-300 Twin Otter 3 19 19
Total 4
  1. "Global Airline Guide 2017 (Part Two)". Airliner World (Novembro de 2017): 30. 
  2. ch-aviation (ed.). "Samoa Airways eyes B737 MAX equipment down the line". Consultado o 16 de abril de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]