![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1105 (Gregoriano) ![]() |
Morte | c. 1185 (Gregoriano) ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Historia ![]() |
Ocupación | historiador, cronógrafo (pt) ![]() ![]() |
Descrito pola fonte | Enciclopedia soviética armenia, volume 10, (p.161) ![]() |
Samuel de Ani[1] ou Samuel Anetsi (en armenio, Սամվէլ Անեցի), nado ao redor de 1100 e finado ao redor de 1180, foi un historiador, cronista e relixioso armenio do século XII.
Samuel naceu probablemente en Ani, a antiga capital dos bagrátidas, arredor de 1100.[2] Este cronista,[3] do que se sabe pouco, estudou con Gevorg Vardapet, e despois foi discípulo de Hovhannes Imastaser.[4] Foi un sacerdote e, posteriormente, reitor da catedral de Ani.[5]
Morreu arredor de 1180.Modelo:Snfp
Samuel é coñecido pola súa obra "Հավաքմունք ի գրոց պատմագրաց" (en galego, Colección de libros históricos),[6] tamén coñecida como Cronoloxía de Samuel Anetsi.[7][8] É unha obra na que foi o primeiro autor armenio en utilizar a cronografía: preséntanse os acontecementos desde a creación do mundo até a década dos 60 do século XII (o ano 626 da era armenia: o 5 de febreiro de 1177 ou 6 de febreiro de 1178), en forma de táboas e entradas cronolóxicas.[9] Posteriormente, foi continuada por unha persoa anónima ata o ano 789 da época armenia (27 de decembro de 1339 - 25 de decembro de 1340),[10] e outros autores a continuaron até 1665.
Samuel Anetsi, foi un deses historiadores excepcionais da Idade Media que xunto co ensaio, dá listas coas datas de diferentes sistemas cronolóxicos, menciona as fontes empregadas e trata de aclarar a cronoloxía dos acontecementos históricos, dinastías, gobernantes e katholikós. Así, baseouse en autores anteriores[11] e continuou os traballos doutros como Eusebio de Cesarea.[12] Adoitaba opoñerse a elas, presentando os acontecementos na súa propia imaxinación, o que aumenta o valor histórico dos dous. Os acontecementos do século XIII, escritos por Samuel Anetsi como testemuña ocular, son unha fonte importante para o estudo da historia de Armenia e da Armenia Cilicia daquel período. Tamén hai materiais valiosos sobre países e pobos veciños. A pesar do seu pequeno tamaño, a Cronoloxía de Anetsi considérase unha fonte moi importante e fiable.[13] Así, en opinión da Penny Cyclopaedia: "Samuel de Ani escribiu unha obra cronolóxica concisa pero precisa, que se estende dende Adán até o pontificado de Gregorio Vikayaser".[14]
A obra foi traducida ao latín e publicada xunto co orixinal en 1818 en Milán. Por primeira vez, publicouse unha edición completa con comentarios e análises en 1893 en Vagharshapat; posteriormente, unha edición máis completa baseada na análise duns 70 manuscritos foi publicada en Iereván en 2014.[15] Tamén hai unha tradución ao francés.[16]
Ademais da "Cronoloxía", Samuel Anetsi tamén escribiu a obra "Մեկնութիւն տոմարի" (en galego: Interpretación do calendario) a petición de Stepannos Imastaser. A obra consta de dúas partes: nunha primeira parte, Anetsi compara o calendario armenio co romano; na segunda parte, o autor aborda cuestións cosmolóxicas e meteorolóxicas e trata de dar explicacións científicas a fenómenos como o arco da vella, un cometa con cola, caída de estrelas, raios, tronos, choiva, orballo, néboa, etc. Esta obra expresa claramente a influencia de Anania Shirakatsi. O manuscrito máis antigo que se conserva de "Մեկնութիւն տոմարի", data de 1373.