Sansimonismo

Henri de Saint-Simon, das súas ideas naceu o movemento que leva o seu nome.

O sansimonismo foi o movemento ideolóxico con fins políticos fundado polos seguidores do socialista utópico Henri de Saint-Simon despois da morte deste en 1825. En Francia constituíu a primeira formulación do socialismo, aínda que se discute se as súas propostas foron realmente socialistas. A súa influencia estendeuse fóra de Francia e alcanzou practicamente a todo o planeta, presentándose non tanto como un «movemento socialista ou social como canto agrupación técnico-política, con obxectivos reformistas, metas financeiras e místico-filosóficas non demasiado definidas».[1]


Os sansimonianos avogaron, entre outras cousas, pola abolición do dereito á herdanza, a redistribución da riqueza (nun sentido diferente ao socialismo actual) e nalgúns casos, a emancipación da muller.[2] [3]Neste grupo atopábanse as mulleres como Angélique Arnaud, Caroline Simon e Claire Démar.[4] Desta última son as seguintes vebas:

Quero falar ao pobo, ao pobo oídesme? é dicir tanto ás mulleres como aos homes, pois é habitual o esquecerse de mencionar ás mulleres cando se fala do pobo […]

  1. Bravo 1976, p. 104.
  2. "Saint-Simon, Claude Henri de Rouvroy, Comte de". Volume 24. 1911. Consultado o 2020-09-29. 
  3. "Christian Socialism | political philosophy" (en inglés). Consultado o 2020-11-01. 
  4. Arnaud, Angélique; Simon, Caroline (1990). Une correspondance saint-simonienne: Angélique Arnaud et Caroline Simon, 1833-1838 (en francés). Côté-femmes éditions. ISBN 978-2-907883-18-4. Consultado o 2020-11-02.