Santabárbara

Representación esquemática dun navío de liña de tres pontes onde se observa a disposición da santabárbara:
1) Pañol de municións.
2) Santabárbara.
3) Antepañol. Cuarto onde se cargaban de pólvora os cartuchos.
4) Tapabalazo. Vía de auga tapada con táboas de madeira e ferros de chumbo.
5) Tiro dobre. Requirido para crebar o casco do barco inimigo.
6) Canón co seu soporte e aparellos.
7) Zona de abordaxe.

A santabárbara[1] é o pañol ou a paraxe destinada nos buques para custodiar a pólvora e o armamento, así como a cámara por onde se comunica ou se baixa a este pañol.

Recibe este nome pola imaxe de Santa Bárbara, patroa dos artilleiros, que xeralmente está colocada neste lugar.

Tamén se lle daba tal nome a unha rexión do extremo de popa da primeira cuberta do navío que se destinaba a gardar os equipamentos do condestable e que en moitos casos contiña os aloxamentos dalgún persoal ou era camareta dos gardamariñas.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para santabárbara.