O Santuario de vida silvestre da conca de Cockscomb é unha reserva de natureza no distrito de Stann Creek, en Belize. Foi estabelecido para protexer os bosques, a fauna e a conca fluvial de 400 quilómetros cadrados nas pendentes orientais dos montes Maia.
A reserva foi estabelecida no ano 1986 como a primeira área natural para a protección do xaguar (Panthera onca).[1] É considerado como un dos principais lugares de conservación do xaguar en todo o mundo.[2]
O nome 'Cockscomb' deriva da aparencia da cadea de montañas Cockscomb, que semellan a crista dun galo, a cal se atopa na franxa norte da reserva e é facilmente visible dende a chaira costeira do mar Caribe. A área foi habitada polos maias dende hai 10 000 anos. Porén, a primeira exploración moderna rexistrada na conca non se produciu até 1888.[3]