Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1986 (37/38 anos) Chalchuapa, O Salvador (pt) |
Educación | Universidade Nacional Autónoma de México |
Actividade | |
Ocupación | Activista polos dereitos humanos, activista polos dereitos das mulleres |
Premios | |
Sara García Bruta, nada en Chalchuapa (O Salvador) en 1986, é unha activista, feminista, e defensora dos dereitos humanos salvadoreña. É a coordinadora da avogacía política do Grupo Cidadán pola Despenalización do Aborto Terapéutico, Ético e Euxenésico fundado en 2009. Tamén é membro da Rede Salvadoreña de Mulleres Defensoras dos Dereitos Humanos. En 2019, foi recibiu o premio Simone de Beauvoir de Francia polo o seu traballo para promover o dereito ó aborto.
Sara García Bruta naceu en Chalchuapa en 1986.[1] Licenciouse en psicoloxía na Universidade Americana Central. Especializouse en estudos de xénero na Universidade Autónoma Nacional de México. En xuño de 2019 trasladouse a Bos Aires, onde cursou un mestrado en Democratización e Dereitos Humanos para Latinoamérica e o Caribe na Universidade Nacional General San Martín.
En 2014, presentou o audioinforme Del Hospital a la Cárcel, que trata temas relacionados cos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres.[2]
O Grupo Cidadán pola Despenalización do Aborto Terapéutico, Ético e Euxenésico, para o que traballa García, é unha organización social multidisciplinar que busca concienciar á sociedade para cambiar a lexislación salvadoreña sobre o aborto. Ademais, promoven a educación sexual e defenden ás mulleres que foron acusadas ou condenadas por aborto ou asuntos relacionados. García tamén é membro da Rede Salvadoreña de Mulleres Defensoras dos Dereitos Humanos.[3]
En xaneiro de 2019, a Universidade París Diderot outorgoulle o Premio Simone de Beauvoir polos seus esforzos para a despenalización do aborto en casos de violación, trata de persoas, cando a vida da nai está en perigo, ou cando a nai é unha menor.[4]