Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de abril de 1995 (29 anos) Pereira, Colombia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Colombia |
Actividade | |
Ocupación | arqueira |
Lingua | Lingua castelá |
Deporte | tiro con arco |
Participou en | |
xullo de 2022 | archery at the 2022 World Games – women's individual compound (en) (2ª) (medalla de prata) |
2022 | 2022 Archery World Cup (en) |
2017 | 2017 Archery World Cup (en) (medalla de ouro) |
2015 | 2015 Archery World Cup (en) (medalla de ouro) |
2014 | 2014 Archery World Cup (en) (medalla de ouro) |
Sara José López Bueno, nada en Pereira, Risaralda, o 24 de abril de 1995, é unha atleta colombiana que compite na modalidade de tiro con arco composto.[1] No 2019, converteuse na primeira deportista en gañar cinco finais da Copa do Mundo en arquería.[2] Competiu por primeira vez para o equipo nacional de Colombia durante o Pre-olímpico do 2011 en Medellín, Colombia. Dende entón, competiu en máis de 156 eventos internacionais,[3] incluíndo os Xogos Bolivarianos, os Xogos Suramericanos, os Xogos Panamericanos, os Xogos Mundiais e a Copa do Mundo de tiro con arco.
López tivo o seu debut internacional no 2013 cando competiu nos Xogos Panamericanos e os Xogos Mundiais, obtendo medallas de bronce en ámbolos dous encontros.[4] Dende entón, situouse como unha das mellores arqueiras do mundo na súa especialidade, obtendo 46 medallas de ouro individuais e como parte do equipo colombiano.
No ano 2019, ocupaba o posto número 2 na clasificación mundial de tiro con arco feminino.[5]