Saturno Contro | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Saturno Contro |
Director | Ferzan Özpetek |
Produtor | Tilde Corsi Gianni Romoli |
Guión | Ferzan Özpetek Gianni Romoli |
Intérpretes | Pierfrancesco Favino Margherita Buy Stefano Accorsi Serra Yılmaz Isabella Ferrari Ambra Angiolini Luca Argentero Luigi Diberti Ennio Fantastichini |
Estrea | 2007 |
Duración | 110 min. |
Orixe | Italia |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Saturno contro é unha película italiana de 2007 dirixida por Ferzan Özpetek, quen, canda Gianni Rómoli, escribiu tamén o guión.
Estreouse en España o 5 de outubro de 2007 co nome de No basta una vida.
Narra a vida dun grupo de amigos que se xuntan habitualmente na casa de Davide (Pierfrancesco Favino) e Lorenzo (Luca Argentero), que son parella. No grupo tamén atopamos o matrimonio formado por Angélica (Margherita Buy) e Antonio (Stefano Accorsi), quen mantén unha relación con outra muller; a Neval (Serra Yılmaz), inmigrante turca, e o seu home Roberto (Filippo Timi), a Roberta (Ambra Angiolini), a Sergio (Ennio Fantastichini), antiga parella de Davide, e a Vittorio (Luigi Diberti).
A apacible vida do grupo verase interrompida cando a morte trastorne inesperadamente as súas vidas.