Satyrus actaea | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Satyrus actaea | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
|
A Satyrus actaea é unha especie de lepidóptero pertencente á familia Nymphalidae, subfamilia Satyrinae e xénero Satyrus.
Foi nomeada Satyrus actaea por Eugen Johann Christoph Esper en 1780.
Sinónimos: Papilio actaea Esper, 178, Hipparchia actaea [Otakar Kudrna].
É de cor marrón máis ou menos escurecida cunha discreta banda máis clara, e un gran ocelo marrón con pupila en branco no ápice das ás anteriores.
O dorso das ás anteriores é parecido con diferentes tons de marróns que forman unha ornamentación variable.
Univoltina, voa en única xeración entre comezo de xuño e finais de agosto.[1]
As súas plantas hóspedes son dos xéneros Brachypodium e Bromus.[2]
Está presente unicamente no sur-oeste de Europa, polo norte de Portugal, España e en Francia.[1][3]
En Francia está presente nos departamentos mediterráneos, en Pireneos Orientais en Alpes Marítimos e até un límite norte activo de Puy-de-Dôme a Altos Alpes.[4]
Reside en escarpados rochosos herbosos, secos e densos, en cotas baixas con rocas e maleza e con árbores dispersas.[5]