Satélite de Coleta de Dados ou SCD foi unha serie de satélites artificiais do Brasil.[1]
Os satélites SCD foron satélites para probar tecnoloxías de comunicación e para recoller datos científicos e meteorolóxicos.[1]
SCD 1 ía equipado para recoller e transmitir datos de estacións meteorolóxicas e medioambientas en terra ou en boias oceánicas. Foi construído polo INPE e tiña forma de prisma octogonal cunha masa de 115 kg. Foi lanzado o 9 de febreiro de 1993 mediante un foguete Pegasus desde Cabo Cañaveral.[2]
SCD 2 era similar a SCD 1, cunha masa de 115 kg, forma de prisma octogonal e construído tamén polo INPE. A súa misión foi semellante pero cunha maior eficiencia na recollida de datos grazas ao deseño máis avanzado de SCD 2. O satélite estabilizábase mediante xiro a entre 32 e 36 r.p.m. Foi lanzado o 23 de outubro de 1998 mediante un foguete Pegasus H para substituír a SCD 2A, lanzado o 2 de novembro de 1997 a bordo do primeiro foguete VLS 1, que non chegou a acadar órbita.[3]
Misión[1][2][3] | Data de lanzamento[1][2][3] | Foguete lanzador[1][2][3] | Notas[1][2][3] |
---|---|---|---|
SCD 1 | 9 de febreiro de 1993 | Pegasus | Éxito |
SCD 2A | 2 de novembro de 1997 | VLS 1 | Éxito |
SCD 2 | 23 de outubro de 1998 | Pegasus H | Éxito |