Tezenis Verona | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | LBA |
Fundación | 1951 |
Refundación | 2002 |
Historia | Scaligera Basket (1951−2002) SanZeno Basket (2002−2007) Basket Scaligero (2007−2010) |
Cores | Azul, amarelo |
Presidente | Gianluigi Pedrollo |
Adestrador | Alessandro Ramagli |
Patrocinador | Tezenis |
Localización | |
Cidade | Verona, Italia |
Pavillón | PalaOlimpia |
Capacidade | 5 350 |
Inauguración | (2001 |
Campionatos | |
Korać | 1 (1998) |
Copa | 1 (1991) |
Supercopa | 1 (1996) |
scaligerabasket.it |
O Scaligera Basket Verona, actualmente coñecido como Tezenis Verona por motivos de patrocinio, é un equipo de baloncesto profesional italiano con sede en Verona, Véneto. Fundado en (1969, o club xoga os seus partidos como local no PalaOlimpia, recinto con capacidade para 5 350 espectadores.[1] Conta no seu palmarés cunha Copa Korać, unha Copa e unha Supercopa. Actualmente, após conseguiren o ascenso desde a Serie A2 na temporada (2021−22, o equipo compite na LBA, a máxima categoría do baloncesto transalpino.
O Scaligera Basket foi fundado en Verona en 1951. Desde 1951 até 1971, o Scaligera participou en competicións locais e rexionais. A comazos da década de 1970, un empresario local, Giuseppe Vicenzi converteuse no novo propietario do club e patrocinou o equipo baixo a marca Vicenzi Biscotti, que se converteu nun dos nomes máis coñecidos de Scaligera. Na tempada 1976–77, Scaligera chegou á Serie B. A pesar do descenso á Serie C na tempada seguinte, o club puido recuperar o ascenso na tempada 1977–78. Despois duns anos na Serie B, na tempada 1982–83, baixo o liderado do adestrador Bruno Arrigoni, o Verona ascendeu á Serie A2, a segunda división do baloncesto italiano.
No primeiro ano da Serie A2, o Scaligera tivo que xogar en Padua debido á falta dun polideportivo en Verona. Ademais, o club descendeu á Serie B. Con todo, o equipo volveu conseguiu regresar á Serie A2 en 1986. Nesta época do ascenso, o equipo estaba patrocinado por Citrosil, un produto de Glaxo, unha compañía farmacéutica cuxa sede italiana estaba situada en Verona e que, grazas á determinación do seu presidente Mario Fertonani, decidiu apoiar á familia Vicenzi. O descenso de 1987 foi inmediatamente seguido polo retorno á Serie A2 en 1988, cando o equipo foi patrocinado directamente por Glaxo. En 1989, Alberto Bucci converteuse no novo adestrador do equipo, con todo, Scaligera non logrou o ascenso na tempada 1989–90.
Os anos da Serie A2 remataron na temporada 1990–91, que se caracterizou polo primeiro e histórico ascenso á Serie A1 e, sobre todo, coa vitoria na Copa Italiana, o primeiro título do Scaligera. Este trofeo foi conseguido o 21 de febreiro de 1991, despois de gañar na final ao Philips Milano por 97–85. Este éxito pasou nos anais do baloncesto italiano, xa que foi a primeira e até agora a única copa nacional gañada por un equipo da segunda división.[2] Os xogadores máis importantes daquela temporada foron Russ Schoene, Tim Kempton, Sandro Brusamarello, Giampiero Savio, Riccardo Morandotti e Paolo Moretti, así como o pivote Alessandro Frosini.
Durante o verán, o adestrador Bucci deixou o club, sendo contratado polo Scavolini Pesaro. Así, o Scaligera non conseguiu atopar un substituto valioso para o adestrador Bucci e o campionato 1991–92 terminou cun descenso á Serie A2. Con todo, baixo o mando de Franco Marcelletti, o club ascendeu inmediatamente na temporada seguinte grazas a xogadores importantes como Alessandro Frosini, Davide Bonora, Henry Williams, Sylvester Gray e Giacomo Galanda. En 1993–94, o equipo chegou a ocupar o cuarto lugar na tempada regular e, tras derrotar 2−0 ao Olimpia Milano nos cuartos de final, o Verona foi eliminado polo Virtus Bologna nas semifinais por 2-1. Esa temporada o equipo tamén chegou á final da Copa de Italia, mais perdeu contra o Benetton Treviso. Na temporada 1995–96, o equipo de Marcelletti chegou de novo á final da Copa de Italia; con todo, perdeu contra o Milano. En 1996 o equipo consegue un novo título, a Supercopa de Italia de 1996.
Na temporada 1997−98 chegaría o primeiro título internacional do club despois de conseguir a Copa Korać, gañada na final contra o Estrela Vermella de Belgrado. A final foi disputada a ida e volta, con vitoria para os italianos na casa por 68 a 74 e con derrota na Hala Pionir por 64 a 73, nun partido moi acalorado que permitiu ao capitán Roberto Dalla Vecchia e ao mozo adestrador Andrea Mazzon levantar o trofeo. Nos anos seguintes, porén, o club descoidou a canteira e centrouse en contratar destacados xogadores extracomunitarios como Eddie Elisma, Conner Henry, David Booth, Dedric Willoughby, Adrian Griffin (subcampión da NBA cos Dallas Mavericks na temporada 2005−06), Victor Page, Miroslav Berić ou Louis Bullock.
No ano 2000 o equipo chegou ás semifinais da liga e obtivo a clasificación para a Euroliga, mais foi o principio do fin. O club entrou en crise financeira no 2002 e entrou deliberadamente en bancarrota, perdendo o dereito de continuar na máxima categoría, sen o club absorvido polo SanZeno Basket, club fundado ese mesmo ano. Despois duns anos de incerteza, creaouse un programa plurianual destinado a devolver ao club á elite. Serie A. Na temporada 2006−07 o disputa a final para subir á B2, mais é derrotado a mans de Juvi Cremona. Porén, o club consegue ascender de todos os xeitos adquirindo e traspasando a Verona os dereitos do club cremonense, renomeando o equipo como Baloncesto Scaligero. O primeiro campionato do Basket Scaligero en B2 remata nos cuartos de final dos playoffs polo ascenso.
A tempada seguinte, a club chega a un acordo de patrocinio con Tezenis, unha marca de roupa interior e de roupa de durmir do grupo Veronese Calzedonia, alén do apoio financeiro da Banca Popolare di Verona e do Ente Fiere di Verona. Filippo Faina, que a finais dos noventa dirixira ao entón Müller Verona foi contratado como novo adestrador. O Tezenis remata a temporada regular na segunda posición por detrás de Triveneta Albignasego, club ao que derrota posteriormente na final tras unha serie de catro partidos, que concluíu o 27 de maio de 2009 co ascenso á Serie A Dilettanti. No campionato Dilettanti de 2009−10. Ese mesmo ano o club recupera o seu o nome histórico de Scaligera Basket. Após varios ascensos e despois de 21 anos, o club consegue regresar á máxima categoría na temporada 2021−22, grazas ao segundo posto na liga regular e, posteriormente, a vitoria na final dos playoffs por 3−1 ante o APU Udine.
Por motivos de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:
Supercopa de Italia
Copa da LNP (2ª Categoría)