(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de agosto de 1966 (58 anos) Stockton, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | cantante , guitarrista , compositor de cancións |
Período de actividade | 1989 - |
Xénero artístico | Indie rock |
Instrumento | Guitarra e voz |
Selo discográfico | Matador Records |
Páxina web | spiralstairsmusic.com |
Christopher Scott Kannberg, nado en Stockton (California) o 30 de agosto de 1966 e coñecido profesionalmente como Scott Kannberg e Spiral Stairs,[1] é un músico estadounidense coñecido por ser un dos membros fundadores da banda de indie rock Pavement. Tamén liderou o grupo Preston School of Industry e tivo unha carreira como artista en solitario.
Kannberg era amigo da infancia de Stephen Malkmus, medrando ámbolos dous na mesma vila de Stockton. Xuntos formaron a banda Pavement baixo os pseudónimos de "Spiral Stairs" e "SM", respectivamente. Kannberg compuxo e foi a voz principal de varias cancións do grupo, como "Painted Soldiers", "Hit the Plane Down", "Kennel District", "Date With IKEA", e "Passat Dream". Trala disolución de Pavement formou unha nova banda chamada Preston School of Industry con Matador Records. A banda publicou un EP e dous álbums,[2] pero volveuse inactiva no ano 2004. No ano 2009 Kannberg editou o seu primeiro álbum en solitario, The Real Feel, co nome de Spiral Stairs.[1]
En 2010 participou na reunión de Pavement.[1]