(2007) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de xuño de 1960 ![]() Boston, Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Universidade de Syracuse Lexington High School ![]() |
Actividade | |
Ocupación | artista de banda deseñada, escritor, pintor ![]() |
Xénero artístico | Banda deseñada ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Arquivos biográficos da biblioteca e museo Billy Ireland Cartoon Obálky knih, ![]() ![]() |
Sitio web | scottmccloud.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Scott McCloud nado como Scott McLeod en Boston (Massachusetts) o 10 de xuño de 1960 é un creador de bandas deseñadas estadounidense e defensor do cómic como unha forma literaria e de arte autónoma.
McCloud comezou a destacarse como autor de bandas deseñadas coa serie de ficción científica Zot!, publicada entre 1984 e 1990 por Eclipse Comics.[1] O seu traballo na serie proporcionoulle unha candidatura ao premio Eisner de "Mellor Escritor e Debuxante" en 1988.[2]
Os seus outros traballos de banda deseñada inclúen Destroy!!, a novela gráfica The New Adventures of Abraham Lincoln e o guión de doce edicións de Superman Adventures da DC Comics (revista baseada na serie animada Superman: The Animated Series producida por Bruce Timm), a miniserie Superman: Strength, e a súa novela gráfica The Sculptor, lanzada en 2015.[3]
A súa popularidade, no entanto, é maior como teórico da banda deseñada, debido aos seus libros Entender o cómic (1993) e Reinventing Comics: How Imagination and Technology Are Revolutionizing an Art Form (2000).[4]
En 2006, publicou Making Comics: Storytelling Secrets of Comics, Manga and Graphic Novels. Nesas obras, todas presentadas como bandas deseñadas, McCloud aborda todo o proceso de creación de historias nese formato, analizándoo tanto polos aspectos conceptual e artístico como tamén polo técnico e comercial.
Soctt McCloud foi tamén un dos pioneiros na produción de webcómics e creador do concepto de 24 horas de cómic (24-hour comic), en que un único artista traballa durante 24 horas ininterrompidas creando unha historia de 24 páxinas.[1][5] A idea, que xurdiu dun desafío persoal co debuxante Stephen Bissette, dende entón logrou un número significativo de adeptos.[6]
O 1 de setembro de 2008, para divulgar o lanzamento do navegador Google Chrome, a Google publicou en Internet unha nota de prensa en formato de cómic debuxada por McCloud.[7]
McCloud ten sido chamado o "Marshall McLuhan da banda deseñada".[1]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Scott McCloud ![]() |