Scydosella | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Hábito e caracteres de diagnóstico de Scydosella musawasensis | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||
Scydosella musawasensis Hall, 1999 |
Scydosella é un xénero de escaravellos que consta dunha soa especie (taxon monotípico) chamada Scydosella musawasensis. A especie considérase o insecto de vida libre máis pequeno que existe, e, por tanto, o escaravello de menor tamaño.[1] Pertence aos Ptiliidae, que teñen ás cunhas espiñas parecidas a plumas. Descubriuse en Nicaragua, e describiuno en 1999 Wesley Eugene Hall do Museo do Estado da Universidade de Nebraska.[2] O descubrimento inicial constaba de moi poucos espécimes e as súas medidas exactas non eran concluíntes. Debido ao seu diminuto tamaño, eran difíciles de observar baixo o microscopio despois da conservación. O tamaño xeralmente aceptado era de 0,300 mm de lonxitude.[3] O 8 de febreiro de 2015, Alexey Polilov da Universidade do Estado de Moscova Lomonosov recolleu 85 espécimes no parque nacional de Chicaque, Colombia. Foron descubertos sobre unha capa de fungos dos cales se alimentan. Deses espécimes puido facerse unha medida exacta e encontrouse que o individuo máis pequeno era de só 0,325 mm de longo.[4] O individuo máis grande era de 0,352 mm de longo e a lonxitude media de todos os espécimes era de 0,338 mm. O corpo é alongado e de forma oval, de cor marrón amarelada e as antenas están divididas en 10 segmentos.[5]