Biografía | |
---|---|
Nacemento | século VII ![]() |
Morte | 674 (Gregoriano) ![]() |
Raíña de Wessex | |
672 – 673 ← Cenwalh de Wessex – Aescwine de Wessex → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | Raíña Reinante ![]() |
Outro | |
Título | Raíña Reinante ![]() |
Familia | Casa de Wessex ![]() |
Cónxuxe | Cenwalh de Wessex ![]() |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography ![]() |
![]() |
Seaxburh de Wessex, finada en 674, foi unha esposa do rei Cenwalh de Wessex e, de acordo coa tradición, gobernou Wessex como raíña durante un ano tras a morte de Cenwalh.
Ela non debe confundirse coa súa contemporánea, Santa Seaxburh de Ely, filla do rei Anna de Anglia Oriental. Seaxburh non era a primeira esposa de Cenwalh. El casara previamente cunha irmá do rei Penda de Mercia. Descoñécese a data en que casaron, e non se rexistran fillos do seu matrimonio, aínda que pode ser que Seaxburh actuase como rexente dun fillo descoñecido, unha práctica confirmada no Imperio Franco onde raíñas como Brunhilde e Fredegunda exerceron o poder en nome de fillos e netos. No ano 675, parece que foi substituída por Aescwine de Wessex quen conduciu aos saxóns occidentais con éxito contra Wulfhere de Mercia nese ano.