![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de xullo de 1975 ![]() Yazıhan, Turquía ![]() |
DBP Co-chair (en) ![]() | |
9 de xullo de 2017 – 30 de novembro de 2019 ← Sebahat Tuncel – Salihe Aydeniz (en) ![]() Xunto con: Mehmet Aslan (en) ![]() | |
DBP Co-chair (en) ![]() | |
28 de maio de 2016 – 9 de xullo de 2017 ← Emine Ayna (en) ![]() Xunto con: Kamuran Yüksek (en) ![]() | |
![]() | |
28 de abril de 2014 – Lexislatura: 24th Parliament of Turkey (en) ![]() Circunscrición electoral: Istanbul (3rd electoral district) (en) ![]() | |
HDP Co-chair (en) ![]() | |
27 de outubro de 2013 – 22 de xuño de 2014 ← Fatma Gök (en) ![]() ![]() Xunto con: Ertuğrul Kürkçü (pt) ![]() | |
![]() | |
28 de xuño de 2011 – 28 de abril de 2014 (joining party (en) ![]() Lexislatura: 24th Parliament of Turkey (en) ![]() Circunscrición electoral: Istanbul (1st electoral district) (en) ![]() | |
![]() | |
23 de xullo de 2007 – 28 de xuño de 2011 Lexislatura: 23rd Parliament of Turkey (en) ![]() Circunscrición electoral: Istanbul (3rd electoral district) (en) ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Mersin University (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | política ![]() |
Partido político | Partido Democrático dos Povos (pt) ![]() Democratic Regions Party (en) ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Sebahat Tuncel, nada en Yazıhan o 5 de xullo de 1975 é unha política kurda, activista polos dereitos das mulleres, anteriormente enfermeira [Cómpre referencia]e membro do Parlamento Turco.[1]
Cursou estudos de cartografía e topometría na Universidade de Mersin para máis tarde comezar a súa carreira política a través da sección de mulleres do Partido da Democracia dos Pobos (HADEP) en 1998. Na actualidade é covicepresidenta e deputada en Istambul do Partido Sociedade Democrática (DTP), que ela mesma axudou a fundar. Traballou tamén en organizacións internacionais como a ONU, no seu programa de axuda ao desenvolvemento, UNDP, e Amnistía Internacional.[2]
Foi xulgada en 2006 pola súa pertenza ao Partido dos Traballadores do Kurdistán (PKK), baixo a acusación de facer viaxes frecuentes ós campos do PKK no norte de Iraq e foi encarceada posteriormente. Concorreu ás eleccións xerais ao parlamento turco en 2007 dende a prisión e gañou un escano grazas a 93 000 votos,[3] sendo posta en liberdade en xullo de 2007.[4]
Foi a muller máis nova en ser membro do parlamento turco e a primeira persoa en ser elixida deputada dende a prisión en toda a historia de Turquía. O catro de outubro pasou a prisión provisional, sendo emprisionada con cargos en novembro de 2018.[5]
Segundo a Oficina Legal internacional a fiscalía solicitaba 130 anos de prisión por delitos relacionados co terrorismo debido á súa pertenza ao legalizado Congreso Sociedad Democrática (DTK) e por 16 declaracións e discursos que realizou en reunións e roldas de prensa previos ás reunións do Partido Unidade Democrática (DBP).[6]
O día un de decembro sumouse a Leyla Güven na súa folga de fame.[7] Unha sentenza condeouna a 15 anos de prisión en febreiro de 2019 baixo os cargos de pertenza a organización terrorista e por facer propaganda terrorista.[8]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Sebahat Tuncel |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Feminismo |