O secuestro do voo MS181 da compañía aérea EgyptAir foi un episodio que tivo lugar o 29 de marzo de 2016. Seif Eldin Mustafa, un pasaxeiro do voo que orixinalmente había de cubrir a ruta entre os aeroportos exipcios de Alexandría e O Cairo, ameazou con facer estoupar o aparello se os pilotos non aterraban en Larnaca, na illa de Chipre. Tras dunhas horas, todos os pasaxeiros foron liberados, quedando ceibes todos os reféns. O secuestrador foi arrestado á saída do avión, ao entregarse el mesmo sete horas máis tarde, sen que ninguén resultase ferido no incidente.[1] Posteriormente comprobouse que o explosivo era falso.[2]
A aeronave en cuestión tiña 12 anos desde que foi fabricada. Tratábase dun Airbus A320-200, rexistrada como SU-GCB, MSN 2079. O seu primeiro voo foi o 8 de xullo de 2003, e foi entregado a EgyptAir o 31 de outubro do mesmo ano.[3]
O día 30 de marzo desde mesmo ano, fíxose viral unha selfie que un pasaxeiro tirou co secuestrador, Seif Eldin Mustafa. O autor da fotografía era un mozo de Leeds chamado Ben Innes, o cal afirmou que o motivo da selfie foi que "ao pensar que a bomba era real, en calquera caso non tiña nada que perder".[4]