Algúns astrónomos, como Scott Sheppard,[4] consideran que os senoides son obxectos da Nube de Oort Interior (OCOs), aínda que a nube de Oort interior, ou Nube de Hills, foi proposta orixinariamente polos astrónomos máis aló das 2000 UA, varias veces o afelio dos dous sednoides coñecidos.
As órbitas dos sednoides non se poden explicar por perturbacións dos xigantes gasosos[5] nin pola interacción coas mareas galácticas.[1] Se se formaron nas súas localizacións actuais as súas órbitas tiveron que ser circulares; do contrario a acreción (fusión de corpos máis pequenos con outros máis grandes) non sería posible debido a que as grandes velocidades relativas entre planetesimais tiñan que ser demasiado destrutivas.[6]
As súas órbitas elípticas actuais poden explicarse por varias hipóteses:
Estes obxectos puideron ter as súas órbitas e perihelios distanciados polo paso dunha estrela próxima cando o Sol estaba aínda incrustado no seu cúmulo estelar de nacemento.[7]
As súas órbitas puideron ser perturbadas por un corpo de tamaño planetario, aínda descoñecido alén do cinto de Kuiper.[8][9]
Puideron ser capturadas por estrela próximas de paso, moi probablemente na nube de nacemento do Sol.
Os dous sednoides, igual que todos os obxectos separados extremos (cun semieixo maior > 150 UA e perihelio > 30UA), teñen unha orientación similar (argumento do perihelio) de 0° (338°±38°). Isto non se debe a un nesgo na observación e é inesperado, xa que a interacción cos planetas xigantes debera ter argumentos do perihelio (ω) aleatorios. Isto suxire que pode existir no Sistema Solar exterior un perturbador masivo non descuberto.
Coñécense doce obxectos cun semieixo maior de máis de 150 UA, un perihelio máis aló de Neptuno, e un argumento do perihelio de 340°±55°.[10]
O 10 de novembro de 2015 informouse dun posible sednoide a 103 UA, pero está clasificado só como obxecto transneptuniano porque o seu arco de observación é moi curto para confirmar se o perihelio está fóra da influencia de Neptuno.[11]
↑Gomes, Rodney S.; Matese, John J.; Lissauer, Jack J. (2006). "A distant planetary-mass solar companion may have produced distant detached objects". Icarus184 (2): 589–601. Bibcode:2006Icar..184..589G. doi:10.1016/j.icarus.2006.05.026.