Segisaurus

Segisaurus
Rango fósil: Xurásico inferior

Restauración do esqueleto holotipo de 1936.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Superorde: Dinosauria
Orde: Saurischia
Suborde: Theropoda
(sen clasif.): Neotheropoda
Superfamilia: Coelophysoidea
Familia: Coelophysidae
Xénero: Segisaurus
Camp, 1936
Especie: ''Segisaurus halli''
Nome binomial
'Segisaurus halli'
Camp, 1936

Segisaurus (que quere dicir "lagarto do canón Segi") é un xénero de dinosauro terópodo pequeno que medía aproximadamente 1 metro de lonxitude. O único espécime coñecido foi descuberto nun estrato do Xurásico temperán do canón Tsegi, Arizona, polo cal recibe o seu nome. Segisaurus é o único dinosauro escavado e descuberto nesa área.

Descrición

[editar | editar a fonte]
Restauración.

O Segisaurus viviu hai uns 183 millóns de anos durante o período Xurásico. Tiña o tamaño aproximado dun ganso e foi un terápodo bípede primitivo. Segisaurus medía arredor dun metro de longo, medio metro de alto e roldaba os 4 a 7 quilogramos de peso. Era áxil e insectívoro, aínda que é posible que tamén rapinase carne. Tiña unha estrutura semellante á dos paxaros, con pescozo elongado e flexible e un corpo robusto. Segisaurus tiña patas con tres dedas e unhas pernas poderosas que eran longas en comparanza coa lonxitude do seu corpo. Ó igual que as súas patas, Segisaurus tiña unha cola e antebrazos longos. As súas clavículas non eran diferentes ás dun paxaro, reforzando así os argumentos dos científicos de que os dinosauros estaban relacionados coas aves. Segisaurus é descrito a partir dun único espécime, o hlotipo UCMP 32101, que era un subadulto. O tamaño final dun Segisaurus adulto é descoñecido. Estrañamente, as clavículas que se atopan no espécime de Segisaurus non aparecen noutros dinosauros desa era. Unha interpretación especulativa de Charles Lewis Camp suxire que estes ósos apoiábanse como os pataxios do xénero Draco no pescozo para mellorar a habilidade do animal de moverse con rapidez.[1] Segisaurus é significativo porque demostra que a clavícula estaba presente nos primeiros terópodos.[2]

  1. Camp, C. (1936). "A new type of small bipedal dinosaur from the Navajo sandstone of Arizona." Univ. Calif. Publ., Bull. Dept. Geol. Sci., 24: 39-56.
  2. Chure, D. J., and Madsen, J. H., 1996, The furcula in Allosaurid Theropods and its implication for determining bird origins: Journal of Vertebrate Paleontology, v. 16, supplement to n. 3, Abstracts of Papers, Fifty-sixth Annual Meeting, Society of Vertebrate Paleontology, American Museum of Natural History, New York, New York, 16-19 de outubro, p. 28A.