Vietnam do Norte | |||
---|---|---|---|
| |||
| |||
Asociación | {{{Asociacion}}} | ||
Confederación | {{{Confederación}}} | ||
Código FIFA | |||
Alcume | {{{Alcume}}} | ||
Clasificación FIFA | {{{Ranking}}} | ||
Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
Seleccionador | {{{Adestrador}}} | ||
Máis encontros | {{{Mais partidos}}} | ||
Máximo goleador | {{{Max goleador}}} | ||
Estrea internacional China 5 – 3 Vietnam do Norte China; 4 de outubro de 1956 Último encontro Vietnam do Norte 2 − 1 Cuba Vietnam do Norte; 20 de setembro de 1970 | |||
Maior vitoria Vietnam do Norte 9 − 0 Iemen do Norte República Khmer; 15 de novembro de 1966 | |||
Maior derrota Vietnam do Norte 0 – 5 Alxeria Vietnam do Norte; 22 de novembro de 1959 Corea do Norte 5 – 0 Vietnam do Norte Corea do Norte; 22 de outubro de 1959 |
A selección de fútbol de Vietnam do Norte (en vietnamita: Đội tuyển bóng đá quốc gia Việt Nam Cộng hòa) foi o equipo representativo de fútbol de Vietnam do Norte entre 1956 e 1970. Após a partición de Vietnam en 1954, tanto Vietnam do Norte como Vietnam do Sur estabeleceron seleccións de fútbol separadas. Mentres que a selección do sur participou en fases de clasificación para a Copa do Mundo da FIFA e en faes finais da Copa Asiática, a selección do norte non se afiliou á FIFA por motivos principalmente políticos, xogando principalmente encontros ante outros estados comunistas ou simpatizantes do comunismo.
O equipo deixou de existir cando as rexións de Vietnam do Norte e do sur se fusionaron para formar a República Socialista de Vietnam. Entre 1976 e 1990 a nova selección de Vietnam non disputou ningún xogo, participando no seu primeiro torneo en 1991. Axencias estatísticas de fútbol consideran os encontros disputados pola selección do sur parte dos rexistros históricos da selección actual, xa que consideran que a do norte era unha entidade diferenciada (non estando, ademais, esta última afiliada á FIFA).[1]