Federación |
---|
Federación Deportiva de México de Hockey sobre Hielo, A.C. |
Seleccionador |
Diego de la Garma |
Último título |
2017 (Div IIB) |
Máis partidos |
Berth González Claudia Téllez: 62 |
Máis puntos |
Claudia Téllez: 84 |
Clasificación IIHF |
25 |
Estrea internacional |
Arxentina 1–0 México (Cuautitlán Izcalli, México; 18 de febreiro de 2012) |
Maior vitoria |
México 17–0 Brasil (Cidade de México, México; 6 de xuño de 2017) |
Maior derrota |
Letonia 8–0 México (Cidade de México, México; 5 de abril de 2023) |
A selección feminina de hóckey sobre xeo de México é o equipo que representa a México nas competicións internacionais de hóckey sobre xeo en categoría feminina. En 2024, a IIHF (das siglas en inglés de Federación Internacional de Hóckey sobre Xeo) publicou a clasificación mundial de seleccións, na que España ocupou o 24º posto. Segundo datos da IIHF, en 2024 había en México un total de 140 mulleres que practicaban o hóckey sobre xeo.
O equipo debutou en 2012 nun partido amigable disputado en Cuautitlán Izcalli (México), e en competición oficial no Campionato do Mundo 2014 - Division IIB Q, conseguindo clasificarse para disputar o ano seguinte a Division IIB. En 2017 ascendeu ao cuarto nivel do Campionato do Mundo, a Division IIA. Ao longo da súa historia, a selección española gañou dúas medallas na Division IIB do Campionato do Mundo (1 ouro e 1 prata), e dous bronces na Division IIA.
Dende a súa creación a selección absoluta mexicana de hóckey sobre xeo está dirixida por Diego de la Garma. Berth González e Claudia Téllez son as xogadoras que máis partidos disputaron co combinado mexicano (62), mentres que Claudia Téllez é a máxima puntuadora histórica do equipo con 84 puntos.