O selo oficial do estado de Texas (Estados Unidos) está formado por un cículo interior, unha estrela de cinco puntas amarela rodeada de ramas de oliveira e carballo. Nun segundo círculo, máis exterior, poden lerse en branco aas palabras «The State of Texas» (O Estado de Texas). O fondo de todo o selo é azul claro.
O reverso do selo de Texas contén referencias á Batalla de González, ao ponte de Vince e á Batalla de El Álamo. Está rodeado de ramas de carballo e oliveira e as bandeiras desplegadas de (esquerda a dereita): Os Estados Unidos Mexicanos, o Reino de España, o Reino de Francia, a República de Texas, os Estados Confederados de América e os Estados Unidos de América, en referencia ás nacións que exerceron soberanía nese territorio (entre elas a bandeira española correspondente ao antigo Vicerreinado de Nova España).
Sobre o selo está inscrito o lema "REMEMBER THE ALAMO" cuxa tradución literal significa "Recordade El Álamo" (o grito de batalla en San Jacinto, en recordatorio aos mortos de El Álamo, polo exército mexicano), e baixo o selo están as palabras, "TEXAS ONE AND INDIVISIBLE" ("Texas, unha e indivisible"). Unha estrela branca de 5 raios colga sobre o selo na parte superior centrada entre as bandeiras.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Selo de Texas |