O Senado da República de Colombia (en castelán: Senado de la República de Colombia) é a cámara alta do Congreso de Colombia, sendo a cámara baixa a Cámara de Representantes. O Senado da República é o corpo colexiado de representación directa do pobo e debe actuar consultando á xustiza e polo ben común.[1]
A composición e poderes do Senado atópanse estipulados no Título VI da Constitución de Colombia de 1991[2] e na Lei 5ª de 1992.[3] O Senado da República está composto por 108 senadores, 100 son elixidos por voto popular en todo o territorio nacional, cinco son senadores do partido FARC por mor do proceso de paz, dous en representación das comunidades indíxenas, a través de circunscrición especial, e un para o segundo candidato con maior votación nas eleccións presidenciais. O Senado da República elixe os seus membros en representación de toda o estado.[4]
O Senado da República de Colombia cumpre coas funcións constituínte, lexislativa, de protocolo, electoral, xudicial, administrativa e de control político dentro do eido lexislativo.[5]
Dende o 20 de xullo de 2020 o Senado está presidido por Arturo Char Chaljub do Partido Cambio Radical e o Secretario Xeral é Gregorio Eljach Pacheco.
A Galipedia ten un portal sobre: Colombia |