Senpai (先輩, literalmente «compañeiro de antes») e kōhai (後輩, literalmente «compañeiro de despois») son termos provenientes do xaponés que describen unha relación interpersoal informal que está presente nas organizacións, asociacións, clubs, empresas e escolas do Xapón.[1][2]
A relación senpai-kōhai é propiamente interdependente, xa que un senpai precisa dun kōhai e viceversa,[3] e a relación estabelecida queda determinada pola data de entrada na organización.[1] O concepto ten a base na filosofía xaponesa e perdurou dentra desta sociedade.[4]