Un sept é unha división dunha familia, especialmente dunha familia escocesa ou irlandesa.[1] O termo é utilizado tanto en Escocia como en Irlanda, onde pode ser traducido como sliocht, que quere dicir "proxenie" ou "semente",[2] termo que pode facer referencia aos descendentes dunha persoa (por exemplo, Sliocht Bhriain Mhic Dhiarmada, "o descendente de Brian MacDermott"). A palabra pode derivar do latín saeptum, significando "recinto" ou "redil",[3] ou ben unha alteración de "sect" (seita).[4]