Nome orixinal | Sergio Aguza Santiago | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 2 de setembro de 1992 ![]() Sant Boi de Llobregat, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,80 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2011 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Sergio Aguza Santiago, nado en Sant Boi de Llobregat o 2 de setembro de 1992, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Lugo, da Primeira División RFEF.
Nacido en Sant Boi de Llobregat, formouse como futbolista nas canteiras do Gavà, o EF Gavà e o Cornellà, antes de ingresar aos 16 anos no equipo xuvenil do Real Madrid. Na tempada 2011/12 debutou co Real Madrid C na Tercera División. No verán de 2013 subiu ao Castilla, da Segunda División,[1] categoría na que debutou nun partido ante o Mirandés.[2] Marcou o seu primeiro gol co filial o 15 de febreiro do ano seguinte, facendo o segundo tanto do seu equipo nun triunfo na casa por 3-1 ante o Barcelona B.[3]
En xullo de 2015 asinou polo Milton Keynes Dons da Football League Championship, cun contrato de dous anos.[4] Debutou o 11 de agosto de 2015, na vitoria por 2-1 sobre o Leyton Orient, na EFL Cup.[5] Con todo, apenas dispuxo de minutos no equipo de Buckinghamshire e en xaneiro de 2016 o club anunciou a rescisión do seu contrato.[6]
A continuación regresou a España, onde fichou pola Ponferradina. Marcou o seu primeiro gol co club berciano o 20 de marzo, na vitoria por 2-1 ante o Huesca, e anotou tamén os goles da vitoria contra o Lugo e o Albacete. Con todo, foi insuficiente para salvar o equipo do descenso.
Tralo descenso da Ponferrdina fichou polo Alcorcón, continuando así na Segunda División.[7] Non chegou a rematar a tempada no club madrileño,[8] pois no mercado invernal pasou ao Córdoba, no que militou durante a seguinte campaña e media.[9]
En xullo de 2018 asinou un contrato de dous anos coa UD Almería, tamén na categoría de prata.[10] Disputou 43 partidos co club andaluz durante as seguintes dúas campañas, marcando cinco goles, e en marzo de 2020 o club renovou o seu contrato ata 2023.[11] Na tempada 2020/21 xogou cedido en dous equipos: primeiro no FC Cartagena e logo na Ponferradina, sendo esta a súa segunda etapa no club.[12]
Despois de seis anos en Segunda, no verán de 2021 baixou unha categoría para xogar co Sabadell en Primeira División RFEF, pasando logo polo Murcia e o Lugo, da mesma división.