Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Colombia | ||||
Departamentos | Cundinamarca | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 141 km² | ||||
Altitude | 2.678 m | ||||
Creación | 1600 | ||||
Sitio web | sesquile-cundinamarca.gov.co… |
Sesquilé é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca que se atopa na provincia de Almeidas, a 45 km ó nordés de Bogotá.
A altitude media do municipio é de 2595 ms.n.m., e a súa temperatura media anual é de 14.1 °C, con abondosas choivas durante o ano.[1] Sesquilé limita polo sur con Guatavita; polo norte con Chocontá e Suesca; polo leste con Machetá, e polo oeste con Gachancipá.
O topónimo «Sesquilé», en muysc cubun (lingua muisca), significa «Boquerón do regato», aínda que tamén foi traducido como «Auga Quente», como derivado de Sisque, que provén do vocábulo muisca Sisquis Bteib.
Na época precolombiana, Sesquilé estivo poboado polos muiscas; foi un dos once uta (poboados, ou aldeas) que integraban o zybyn (clan) de Guatavita, no territorio do Zipazgo, dentro da Confederación Muisca. O utatiba (gobernante local) de Sesquilé era tributario do sybyntiba (cacique) de Guatavita.
Os muiscas explotaron minas de carbón mineral no sitio denominado Chaleche, e minas de sal na parte chamada Sesquilé, que en tempos do Novo Reino de Granada foi nomeada Minas de San Juan de Sesquilé. As minas continuaron sendo explotadas polos españois coas técnicas indíxenas, e tamén durante a época republicana, xerando rendas tanto para a nación como para o concello até a construción do Encoro do Tominé, que cubriu entre outras importantes zonas a parte das antigas minas de sal e de carbón.[2]
Na xurisdición de Sesquilé atópase a lagoa de Guatavita, na que os muiscas celebraban a cerimonia que deu orixe á lenda de El Dorado.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sesquilé |