O deseño máis habitual dos sextantes consistía no busto de Mercurio acompañado de dous puntos grosos, a modo de marca de valor que indicaba dúas uncias, nos anversos, e a proa dun barco nos reversos, aínda que as primeiras emisións amosaban unha simboloxía máis diversa, caracterizada por elementos como cunchas de vieira, caduceos, etc., fundamentalmente nos anversos.[4][5][6]