A da sexualidade e discapacidade é unha temática cotiá para as persoas que teñen algún tipo de discapacidade, xa física, xa mental. Con frecuencia delimítase a vida sexual das persoas con discapacidades coma se esta actividade non existise ou como se fose un tabú.
A aprendizaxe destas persoas adoita ter lugar a través do contacto con outros individuos portadores de discapacidade. A chegada das novas tecnoloxías fixo algo máis fácil a procura de información a través, por exemplo, de Internet, nas comunidades virtuais.
O deficiente mental é sometido moitas veces a un tratamento protector, como se fose un individuo asexuado ou eternamente infantil. A súa sexualidade pode ser vista tamén coma algo salvaxe, que debe ser reprimido. O certo é que estas persoas senten desexo, aman, senten pracer e queren ser amadas. A condición sexual destas persoas depende moito das súas condicións educativas. Polo xeral, trátase ás persoas con diferentes discapacidades de forma igualitaria, mais o certo é que dependen de condicións psicosociais diversas.
Tamén existe o medo a que un posíbel descendente poida ser tamén un deficiente mental; trátase dun medo infundado, pois non todas as discapacidades mentais son transmitidas de forma hereditaria. Outro pensamento común é que os deficientes posúen unha condición que os fai practicaren actitudes sexuais a toda hora, polo que deben ser atenuados, o cal se contrapón ao outro mito da asexualidade.
A sexualidade é tida pola sociedade como algo ligado simplemente ao aparato reprodutor. Porén, o corpo humano ten outras moitas zonas eróxenas. Pode ter lugar tamén a falta de lubricación vaxinal, que pode ser resolta mediante o uso de lubricantes. No caso dos homes, a erección é posíbel nalgúns casos, mais o control da exaculación resulta imposible en certas lesións completas.