Shame | |
---|---|
![]() | |
Orixe | Londres, ![]() |
Período | 2014 - presente |
Xénero(s) | rock alternativo, post-punk |
Selo(s) discográfico(s) | Dead Oceans |
Membros | Eddie Green Charlie Forbes Josh Finerty Sean Coyle-Smith Charlie Steen |
Na rede | |
http://shame.world | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Shame é unha banda británica de rock alternativo procedente do sur de Londres. O seu álbum de estrea, Songs of Praise, foi editado o 12 de xaneiro de 2018. O grupo foi aclamado pola crítica de publicacións como NME,[1] Paste,[2] e Clash.[3]
O 7 de decembro de 2016 Shame publicou o sinxelo de dous temas "The Lick / Gold Hole AA" a través do selo Fnord Comms.[4] O 14 de abril de 2017 a banda editou "Tasteless", tamén a través de Fnord Comms, un sinxelo de 7" co tema "Visa Vulture" como cara b.[5] O 20 de setembro o grupo lanzou a canción "Concrete".[6]
Shame publicou o seu álbum de estrea, Songs of Praise, o día 12 de xaneiro de 2018 a través do selo Dead Oceans, recibindo boas críticas. No presente o álbum conta cunha puntuación agregada de 83 baseada en 20 recensións.[7] O disco chegou ao número 32 da lista británica de álbums e estivo na lista durante dúas semanas.
A finais de xaneiro de 2020 NME informou que Shame estaba traballando no seu segundo álbum de estudio e que a súa gravación xa estaba completada.[8] No mes de setembro a banda publicou a súa primeira canción dende o seu anterior traballo, "Alphabet",[9] e en decembro apareceu ""Snow Day".[10] O álbum, titulado Drunk Tank Pink, foi editado en xaneiro de 2021.[11]
En novembro de 2022 anunciouse o seu terceiro álbum, titulado Food for Worms, coincidindo coa saída do sinxelo "Fingers of Steel". Antes do lanzamento do disco en febreiro de 2023, a banda editou os seunxelos "Six-Pack" e "Adderall".[12]
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Songs of Praise | 2018 | Dead Oceans |
Drunk Tank Pink | 2021 | Dead Oceans |
Food for Worms | 2023 | Dead Oceans |