Shenzhou 1 | |
---|---|
Representación dunha nave Shenzhou | |
Data de lanzamento | 19 de novembro de 1999[1][2][3][4] |
Foguete portador | CZ-2F[2][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan[2][6] |
Duración da misión | 21 horas e 11 minutos[2][6] |
Obxectivo da misión | Voo de probas non tripulado da cápsula Shenzhou.[2][6] |
Regreso | 21 de novembro de 1999[1][6] |
NSSDC ID | 1999-061A |
Masa | 7600 kg[2][5][6] |
Shenzhou 1 foi a primeira misión non tripulada dunha cápsula Shenzhou. Foi lanzada o 19 de novembro de 1999 mediante un foguete CZ-2F desde o Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan.[2][3][5]
Shenzhou 1 foi o primeiro voo dunha cápsula Shenzhou. A cápsula non ía tripulada e foi un voo de probas para comprobar o deseño e as características de voo da cápsula e do foguete lanzador. A cápsula de retorno da nave reentrou na atmosfera despois dun voo de 21 horas e 11 minutos, aterrando sen problemas.[2][4][5]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Shenzhou 1 |