Shenzhou 10 | |
---|---|
![]() | |
Tipo | Tripulado |
Data de lanzamento | 11 de xuño de 2013[1][2][3] |
Foguete portador | CZ-2F[2][4] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan[2][5] |
Duración da misión | 14 días[2][5] |
Obxectivo da misión | Voo tripulado cara a estación espacial Tiangong 1.[2][5] |
Regreso | 25 de xuño de 2013[1][5] |
NSSDC ID | 2013-029A |
Masa | 8080 kg[2][4][5] |
Shenzhou 10 foi unha misión tripulada cara a estación espacial Tiangong 1. Foi lanzada o 11 de xuño de 2013 mediante un foguete CZ-2F desde o Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan.[2][4]
Shenzhou 10 foi unha misión tripulada que se acoplou á estación espacial chinesa Tiangong 1. Permaneceu 14 días en órbita, regresando o 25 de xuño de 2013 tras facer probas e experimentos a bordo da estación. A tripulación estaba formada polo comandante Nie Haisheng, o operador Zhang Xiaoguang e o supervisor dos experimentos Wang Yaping.[2][3][4]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Shenzhou 10 |