Shenzhou 7 | |
---|---|
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 25 de setembro de 2008, 13:10 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | CZ-2F[2][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan[2][6] |
Duración da misión | 2,85 días[2][6] |
Obxectivo da misión | Terceiro voo tripulado dunha misión chinesa.[2][6] |
Regreso | 29 de setembro de 2008[1][6] |
NSSDC ID | 2008-047A |
Masa | 7800 kg[2][5][6] |
Shenzhou 7 foi a terceira misión tripulada chinesa e a primeira na que levaron a cabo unha excursión extravehicular. Foi lanzada o 25 de setembro de 2008 mediante un foguete CZ-2F desde o Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan.[2][3][5]
Shenzhou 7 foi a primeira misión chinesa na que se levou a cabo unha excursión extravehicular ou paseo espacial e tamén a primeira en levar a bordo a tres astronautas: Zhai Zhigang, Liu Buoming e Jing Haipeng. Serían Zhai Zhigang e Liu Buoming quen farían o paseo espacial, o primeiro vestido cun traxe espacial Feitian desenvolvido pola China e o segundo esperando no módulo orbita despresurizado polo que saíra Zhai, vestido cun traxe ruso Orlan por se surxía algunha emerxencia. A saída tivo unha duración de 20 minutos, nos cales non tivo lugar ningún incidente. A misión tivo unha duración de case tres. A cápsula de reentrada regresou a terra o 29 de setembro.[2][4][5]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Shenzhou 7 |