Shigella dysenteriae | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Imaxe de microscopía de campo escuro na que se onservan bacterias Shigella dysenteriae. | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Shigella dysenteriae (Shiga 1897) Castellani & Chalmers 1919 |
Shigella dysenteriae é unha especie de bacterias de forma bacilar do xénero Shigella.[1] Especies de Shigella poden causar shigelose (tamén chamada disentería bacilar)[2]. Son bacterias gramnegativas, non formadoras de esporas, anaerobias facltativas.[3] S. dysenteriae ten a capacidade de invadir e replicarse en varias especies de células epiteliais e enterocitos.[4]
As infeccións por Shigella poden contraerse por falta de control da auga potable ou da calidade dos alimentos, cociñar en condicións pouco hixiénicas e, en xeral, prácticas hixiénicas pouco axeitadas.[5]. S. dysenteriae espállase a través de augas e alimentos contaminados, causa unha disentería menor debido á toxina Shiga, pero outras especies poden tamén ser axentes de disenterías.[6] S. dysenteriae libera unha exotoxina que afecta ao tracto gastrointestinal e ao sistema nervioso central.[7] Se actúa como enterotoxina, ocorre a diarrea. Cando actúa como neurotoxina, orixínanse casos graves de shigelose, que inducen comas e meninxismo.[7]
Os signos que se observan máis comunmente asociados coa disentería por Shigella son a colite, malnutrición, prolapso rectal, tenesmo, artrite reactiva e problemas no sistema nervioso central. Ademais, S. dysenteriae está asociada co desenvolvemento da síndrome hemolítica-urémica, que inclúe anemia, trombocitopenia e insuficiencia renal. Se un individuo é infectado por S. dysenteriae, experimenta un grave caso de shigelose.[7] A mortalidade é máis alta con S. dysenteriae tipo 1.[4] A maioría dos casos de shigelose danse en países en desenvolvemento. Os gromos de shigelose en Asia, América Latina e África tiveron taxas de mortalidae de ata o 20%.[7]
Como un espécime fecal típico non é estéril, o uso de placas selectivas é obrigatorio. Inocúlanse XLD ágar, DCA ágar ou ágar entérico Hektoen; todas dan colonias incoloras, xa que o organismo non é un fermentador de lactosa. A inoculación dun tubo inclinado TSI (co medio Triple Sugar Iron. Triplo Azucre Ferro) mostra un tubo alcalino e ácido, pero non gas, ou produción de H
2S. Despois da incubación en SIM (con medio Sulphide Indole Motility, Sulfuro Indol Mobilidade), o cultivo aparece non móbil e sen produción de H
2S. A adición do reactivo de Kovac ao tubo SIM despois do crecemento indica tipicamente que non hai formación de indol (pero os serotipos 2, 7 e 8 producen indol[8]).
A proba do manitol da resultado negativo.[7] A proba da ornitina descarboxilase dá resultados negativos.[7]
O tratamento da shigelose, independentemente da subespecie ou tipo implicado, require o uso de antibióticos. Os antibióticos utilizados normalmente son a ampicilina, ciprofloxacina, ceftriaxona, entre outros. Os opioides deberían evitarse no tratamento da shigelose.[4]