Shikoku Facula | |
---|---|
Shikoku Facula fotografada pola sonda Cassini. | |
Tipo de accidente xeolóxico | Facula |
Accidente xeolóxico de | Titán |
Diámetro medio | 285 km [1] |
Coordenadas | 10,4° S 164,1° O[1] |
Procedencia do nome | Shikoku, unha illa do Xapón. |
Shikoku Facula é unha rexión brillante da superficie da lúa de Saturno, Titán.
Shikoku foi vista por primeira vez en imaxes tomadas pola sonda Cassini en outubro do 2004 e a partir desta data sería fotografada en moitas ocasións, sobre todo debido a algunhas peculiaridades relevantes apreciadas a partir da imaxes de radar tomadas o 30 de abril do 2006[2]. Antes de recibi-lo seu nome oficial, que procede do nome da illa xaponesa de Shikoku, tiña o alcume de 'Gran Bretaña' pola forma que tiña este accidente xeolóxico visto nas imaxes de infravermello.
Shikoku ten un diámetro medio duns 285 kms[1], centrado a 10,4° S 164,1° O[1] é situada ó oeste de Guabonito, ambos dentro de rexión escura de Shangri-La, preto da fronteira con Xanadu; posúe particularidades que fan desta facula un accidente xeolóxico moi notorio, como son as vastas extensións de dunas que existen ó sur e leste desta facula, que coma no caso da Dunas Galore poderían estar espazadas entre si de 1-2 kms[3], tamén moi destacable o accidente circular de 35 kms de ancho que está situado ó norte dentro da facula, que moi posiblemente sexa un cráter de impacto[2].