Shintarō Katsu

Modelo:BiografíaShintarō Katsu

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ja) 勝 新太郎 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ja) 奥村 利夫 Editar o valor en Wikidata
29 de novembro de 1931 Editar o valor en Wikidata
Toquio, Xapón Editar o valor en Wikidata
Morte21 de xuño de 1997 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Kashiwa, Xapón Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, guionista, actor de cinema, produtor de cinema, director de cinema, escritor, actor de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1954 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoTeichiku Entertainment, Inc. (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeTamao Nakamura (1962–1997), morte Editar o valor en Wikidata
FillosMasami Okumura, Ryū Gan Editar o valor en Wikidata
PaiKineya Katsutōji Editar o valor en Wikidata
IrmánsTomisaburō Wakayama Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0441526 Allocine: 14642 Allmovie: p37056
Musicbrainz: b619522f-b384-4d7c-8cde-3ae68090f1ed Discogs: 1339696 Allmusic: mn0001417784 Find a Grave: 200260165 Editar o valor en Wikidata

Toshio Okumura (奥村 利夫), nado en Fukugawa o 29 de novembro de 1931 e finado en Kashiwa, Chiba, o 21 de xuño de 1997, foi un actor, cantante e cineasta xaponés, coñecido como Shintarō Katsu (勝 新太郎). Foi célebre por protagonizar as series de filmes Akumyō, The Hoodlum Soldier e Zatoichi.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Katsu era fillo de Minoru Okumura (奥村 実), actor de kabuki coñecido polo nome artístico de Katsutōji Kineya (杵屋 勝東治) e que destacou polas súas habilidades no nagauta e no shamisen. Era o irmán máis novo do actor Tomisaburo Wakayama. Katsu comezou a súa carreira no mundo do espectáculo como intérprete de shamisen. Pasou a ser actor porque se deu de conta que estaba mellor pagado.

Na década de 1960 actuou simultaneamente en tres longas series de filmes, Akumyō, The Hoodlum Soldier e Zatoichi. Interpretou a personaxe do masaxista cego Zatoichi nunha serie de vinte e cinco filmes entre 1962 e 1973, en cen capítulos dunha serie de televisión con catro tempadas entre 1974 e 1979, e nun 26.º e derradeiro filmes en 1989, que tamén dirixiu.[1]

En 1967, Katsu fundou a compañía Katsu Productions.[2]

Katsu tivo unha vida persoal complicada. Bebedor empedernido, tivo ademais problemas coa lei por uso de drogas, incluídas marihuana, opio e cocaína, sendo en 1978, 1990 e 1992.[3] Tamén tiña reputación de ser problemático nos platós. Cando o director Akira Kurosawa o contratou como protagonista de Kagemusha (1980), Katsu abandonou a rodaxe antes de que acabase o primeiro día.[4] Aínda que os relatos sobre o incidente difiren, o máis consistente detalla unha pelexa entre Katse e Kurosawa sobre levar o seu propio equipo ao plató para filmar a Kurosawa en acción para posteriormente mostralo aos seus estudantes de interpretación.[5][6] Seica Kurosawa se ofendeu por isto, o que provocou o despedimento de Katsu, que foi substituído por Tatsuya Nakadai. No seu libro Waiting on the Weather, sobre a súa experiencia co director Kurosawa, a supervisora de guións Teruyo Nogami atribúe as diferenzas entre Katsu e Kurosawa a un choque de personalidades que tivo resultados artísticos desafortunados.[7]

Kastu foi o marido de Tamao Nakamura, con quen casou en 1962, e pai do actor Ryutaro Gan.[8] O especialista Yukio Kato faleceu na rodaxe do 26.º filme de Zatoichi polo fillo de Katsu, que era coprotagonista, cando unha espada real foi confundida por unha de atrezzo.

Katsu produciu a serie de filmes jidaigeki Kozure Okami, baseada no manga homónimo, e protagonizada polo seu irmán Tomisaburo Wakayama; dous posteriormente foron compilados no filme Shogun Assassin. Tamén coescribiu, produciu e interpretou xunto co seu irmán as series Oshizamurai Kiichihōgan e Tsūkai! Kōchiyama Sōshun.

Katsu faleceu de cancro de farinxe o 21 de xuño de 1997.

A personaxe de Fujitora, do manga One Piece está baseada nel.

  1. West, David (2006). Chasing dragons: an introduction to the martial arts film. I.B.Tauris. p. 33. ISBN 978-1-85043-982-0. Consultado o 16 de outubro de 2010.  Parámetro descoñecido |url-access= ignorado (Axuda)
  2. Standish, Isolde (8 de maio de 2006). A New History of Japanese Cinema: A Century Of Narrative Film. Continuum International Publishing Group. p. 359. ISBN 978-0-8264-1790-9. Consultado o 16 de outubro de 2010. 
  3. West, Mark D. (2006). Secrets, Sex, and Spectacle: The Rules of Scandal in Japan and the United States. University of Chicago Press. p. 201. ISBN 978-0-226-89408-9. Consultado o 16 de outubro de 2010. 
  4. Galloway, Patrick (1 de maio de 2005). Stray Dogs & Lone Wolves: The Samurai Film Handbook. Stone Bridge Press, Inc. p. 184. ISBN 978-1-880656-93-8. Consultado o 16 de outubro de2010. 
  5. Kurosawa, Akira; Cardullo, Bert (2008). Akira Kurosawa: Interviews. Univ. Press of Mississippi. p. 68. ISBN 978-1-57806-997-2. Consultado o 16 October 2010. 
  6. Cowie, Peter (1981). International Film Guide. Tantivy Press. p. 205. ISBN 978-0-498-02530-3. Consultado o 16 de outubro de 2010. 
  7. Nogami, Teruyo (2006). Waiting on the Weather: Making Movies with Akira Kurosawa. Stone Bridge Press, Inc. pp. 251–60. ISBN 978-1-933330-09-9. Consultado o 16 de outubro de 2010. 
  8. Galloway, Patrick (1 de maio de 2005). Stray Dogs & Lone Wolves: The Samurai Film Handbook. Stone Bridge Press, Inc. p. 40. ISBN 978-1-880656-93-8. Consultado o 16 October 2010.