Shirley Clarke

Modelo:BiografíaShirley Clarke
Biografía
Nacemento2 de outubro de 1919 Editar o valor en Wikidata
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte23 de setembro de 1997 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Boston, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteictus Editar o valor en Wikidata
EducaciónStephens College (en) Traducir
New Lincoln School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirectora de cinema, guionista, videoartista, montador, produtora, realizadora Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1960 Editar o valor en Wikidata - 1985 Editar o valor en Wikidata
MovementoArte feminista (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RepresentanteElectronic Arts Intermix (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
19611961 Cannes Film Festival (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteUbuWeb
Women film directors : an international bio-critical dictionary (en) Traducir
The St. James women filmmakers encyclopedia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0164999 Allocine: 12974 Allmovie: p85190
Discogs: 6038704 WikiTree: Brimberg-2 Editar o valor en Wikidata

Shirley Brimberg, nada en Nova York o 2 de outubro de 1919 e finada en Boston o 23 de setembro de 1997 foi unha cineasta estadounidense, coñecida como Shirley Clarke.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nada en Nova York, Shirley Brimberg era filla dun pai inmigrante polaco que fixo fortuna na industria manufactureira. A súa nai era filla dun multimillonario fabricante e inventor xudeu. A súa irmá máis vella das tres fillas era a escritora Elaine Dundy.[1] O seu interese pola danza comezou a unha idade temperá, mais atopouse coa desaprobación do seu pai, abusón e violento.[2]

Clarke asistiu ao Stephens College, á Johns Hopkins University, ao Bennington College e á Universidade de Carolina do Norte. Como resultado das clases de danza en cada unha destas escolas, adestrouse coa técnica de Martha Graham, a técnica de Humphrey-Weidman e o método de danza moderna de Hanya Holm. Casou con Bert Clarke para fuxir do control do seu pai e así poder estudar danza cos mestres da cidade de Nova York. A súa filla Wendy naceu en 1944.[3] O seu matrimonio con Bert terminou en divorcio en 1963.[4] Comezou a súa carreira como bailarina no movemento de danza moderna vangardista de Nova York. Foi unha ávida participante en clases de danza e actuacións na Young Women's Hebrew Association.

No seu primeiro filme, Dance in the Sun (1953), adaptou unha coreografía de Daniel Nagrin. A New York Dance Film Society seleccionouna como o mellor filme de danza do ano.[5] Nel, Clarke fixo uso de planos rítmicos, rodando un baile no escenario e logo recortando do escenario á praia e de ida e volta ao longo do filme. Pasou de ser bailarina a ser cineasta e expresar a súa arte a través do novo medio.[6] Clarke estudou cinema con Hans Richter no City College de Nova York tras realizar In Paris Parks (1954). En 1955, converteuse en membro de Independent Filmmakers of America e formou parte de círculo de cineastas independentes do Greenwich Village con Maya Deren, Stan Brakhage, Jonas Mekas e Lionel Rogosin.

En 1972, Clarke asinou na campaña da revista Ms, "We Have Had Abortions" ("Tivemos abortos"), que pedía a fin das "leis arcaicas" que limitaban a liberdade reprodutiva; as participantes animaron ás mulleres a compartir as súas historias e a actuar.[7]

Clarke faleceu dun infarto en Boston, tras loitar contra o alzhéimer, pouco antes do seu 78 aniversario.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  1. Gelder, Lawrence Van (26 de setembro de 1997). "Shirley Clarke Is Dead at 77; Maker of Oscar-Winning Film". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 12 de marzo de 2020. 
  2. Philip Purser Obituary of Clarke's sister, Elaine Dundy, The Guardian, 8 de maio de 2008.
  3. "Wendy Clarke | Video Data Bank". www.vdb.org. Consultado o 2020-03-12. 
  4. "Clarke, Shirley (1925–1997) | Encyclopedia.com". www.encyclopedia.com. Consultado o 2020-03-12. 
  5. "Who is Shirley Clarke? - Dance Films Association". dancefilms.org. Consultado o 19 de xullo de 2018. 
  6. Rabinovitz, Lauren (decembro de 1983). "Choreography of Cinema: An Interview with Shirley Clarke" (PDF). AFTERIMAGE. Consultado o 23 de maio de 2018. 
  7. "We Have Had Abortions" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de xuño de 2019. Consultado o 23 de xullo de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]