Shiyan, tamén coñecidos como SY, é o nome dunha serie de satélites da República Popular da China adicados a facer diversos experimentos e probar novas tecnoloxías no espazo. Os primeiros SY lanzáronse en 2004.[1]
Shiyan 1 e 2 foron os dous primeiros satélites da serie Shiyan en ser lanzados. Os dous engalaron a bordo de foguetes Longa Marcha 2C, o primeiro o 18 de abril de 2004 e o segundo o 18 de novembro do mesmo ano. Tiñan unha masa de 204 kg e levaban un sistema experimental de imaxe dixital capaz de obter imaxes estereográficas da superficie terrestre con usos civís e militares.[2][1]
Shiyan 3 e 4 foron lanzados mediante foguetes Longa Marcha 2D o 5 de novembro de 2008 e o 20 de novembro de 2011 respectivamente. Cunha masa de 204 kg, tamén foron adicados a probar un sistema experimental de imaxe dixital.[3][1]
Shiyan 5 usaba o bus CAST 1000 e foi lanzado mediante un Longa Marcha 2D para facer probas dun sistema de sensores remotos.[4][1]
Os tres satélites Shiyan 6 foron lanzados entre 2018 e 2021 mediante foguetes CZ-2D e CZ-4B para estudar a contorna espacial, pero non se coñecen máis detalles dos mesmos.[5][1]
Ás veces referido como Shiyan 7A e Shiyan 7B, Shiyan 7 (tamén denominado Tansuo 7) foi lanzado o 19 de xullo de 2013 mediante un CZ-4C para, unha vez en órbita, despregar un subsatélite (Shiyan 7B). O satélite principal levaba un brazo robótico e ambos satélites fixeron manobras e probas conxuntas, acoplándose e desacoplándose varias veces. A masa conxunta dos satélites era de 204 kg.[6][1]
Shiyan 9 foi lanzado a bordo do segundo CZ-7A en engalar, o 11 de marzo de 2021, para facer experimentos non determinados.[7][1]
O primeiro satélite Shiyan 10 foi lanzado nun Longa Marcha 3B o 27 de setembro de 2021. Aparentemente sufriu problemas no seu sistema de enerxía. Un segundo Shiyan 10 foi lanzado no mesmo tipo de foguete o 29 de decembro de 2022.[8][1]
Shiyan 11 foi lanzado a unha órbita de 489 x 502 km de altura e 97,45° de inclinación orbital o 24 de novembro de 2021 mediante un foguete Kuaizhou 1A.[9][1]
Shiyan 12 1 e 2 tamén foron coñecidos en conxunto como HOTS (High Orbit Test Satellite) e o seu propósito é descoñecido. Ambos foron lanzados a bordo dun CZ-7A o 23 de decembro de 2021.[10][1]
Shiyan 13 engalou a bordo dun CZ-2D o 17 de xaneiro de 2022 a unha órbita de 468 x 493 km e 97,44° de inclinación.[11][1]
Shiyan 14 foi un satélite experimental con fins descoñecidos lanzado a bordo dun Kuaizhou 1A o 24 de setembro de 2022 xunto con Shiyan 15.[12][1]
Shiyan 15 foi lanzado no mesmo foguete Kuaizhou 1A que Shiyan 14, aínda que tiñan fins distintos. Está adicado á observación da Terra para mellorar a planificación urbanística, o estudo da superficie e a prevención e mitigación de desastres naturais.[13][1]
Shiyan 16A e 16B foron lanzados cunha misión similar á de Shiyan 15. Engalaron no mesmo foguete CZ-6 o 26 de setembro de 2022 xunto con Shiyan 17.[14][1]
Shiyan 17 ten unha misión parecida á de Shiyan 16A, 16B e Shiyan 15 e foi lanzado no mesmo foguete que os dous primeiros.[15][1]
Shiyan 19 foi lanzado cunha misión experimental descoñecida a bordo dun foguete Longa Marcha 11 o 15 de marzo de 2023.[16][1]
Os tres satélites Shiyan 20 foron lanzados a órbita cunha misión experimental non especificada. Shiyan 20A e Shiyan 20B engalaron o 12 de decembro de 2022 a bordo dun CZ-4C, mentres que Shiyan 20C fixo o propio o 29 de outubro dese mesmo ano pero a bordo dun CZ-2D.[17][1]
Shiyan 21 é un satélite experimental con obxectivos non coñecidos lanzado a bordo dun CZ-11 o 16 de decembro de 2022.[18][1]
Os dous satélites Shiyan 22 chegaron a órbita no mesmo foguete CZ-2D o 13 de xaneiro de 2023 coa misión de estudar novas tecnoloxías para estudar a contorna espcial.[19][1]
Shiyan 23 foi lanzado mediante un foguete CZ-4C o 11 de maio de 2024. Está adicado á monitorización da contorna espacial.[20][1]
Os cinco satélites Shiyan 24 son demostradores tecnolóxicos lanzados os dous primeiros (Shiyan 24A e 24B) nun Lijian-1 o 7 de xuño de 2023, mentres que os tres últimos o foron nun CZ-11H o 25 de decembro de 2023.[21][1]
Shiyan 25 foi lanzado a órbita o 20 de xuño de 2023 a bordo dun Longa Marcha 6 para probar novas tecnoloxías de observación da Terra.[22][1]
Misión[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10][11][12][13][14][15][16][17][18][19][21][22][20] | Data de lanzamento[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10][11][12][13][14][15][16][17][18][19][21][22][20] | Foguete lanzador[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10][11][12][13][14][15][16][17][18][19][21][22][20] | Notas[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10][11][12][13][14][15][16][17][18][19][21][22][20] |
---|---|---|---|
Shiyan 1 | 18 de abril de 2004 | CZ-2C | Éxito |
Shiyan 2 | 18 de novembro de 2004 | CZ-2C | Éxito |
Shiyan 3 | 5 de novembro de 2008 | CZ-2D | Éxito |
Shiyan 4 | 20 de novembro de 2011 | CZ-2D | Éxito |
Shiyan 7A | 19 de xullo de 2013 | CZ-4C | Éxito |
Shiyan 7B | 19 de xullo de 2013 | CZ-4C | Éxito |
Shiyan 5 | 25 de novembro de 2013 | CZ-2D | Éxito |
Shiyan 6 1 | 19 de novembro de 2018 | CZ-2D | Éxito |
Shiyan 6 2 | 4 de xullo de 2020 | CZ-2D | Éxito |
Shiyan 9 | 11 de marzo de 2021 | CZ-7A | Éxito |
Shiyan 6 3 | 8 de abril de 2021 | CZ-4B | Éxito |
Shiyan 10 1 | 27 de setembro de 2021 | CZ-3B | Éxito |
Shiyan 11 | 24 de novembro de 2021 | KZ-1A | Éxito |
Shiyan 12 1 | 23 de decembro de 2021 | CZ-7A | Éxito |
Shiyan 12 2 | 23 de decembro de 2021 | CZ-7A | Éxito |
Shiyan 13 | 17 de xaneiro de 2022 | CZ-2D | Éxito |
Shiyan 14 | 24 de setembro de 2022 | KZ-1A | Éxito |
Shiyan 15 | 24 de setembro de 2022 | KZ-1A | Éxito |
Shiyan 16A | 26 de setembro de 2022 | CZ-6 | Éxito |
Shiyan 16B | 26 de setembro de 2022 | CZ-6 | Éxito |
Shiyan 17 | 26 de setembro de 2022 | CZ-6 | Éxito |
Shiyan 20C | 20 de outubro de 2022 | CZ-2D | Éxito |
Shiyan 20A | 12 de decembro de 2022 | CZ-4C | Éxito |
Shiyan 20B | 12 de decembro de 2022 | CZ-4C | Éxito |
Shiyan 21 | 16 de decembro de 2022 | CZ-11 | Éxito |
Shiyan 10 2 | 29 de decembro de 2022 | CZ-3B | Éxito |
Shiyan 22A | 13 de xaneiro de 2023 | CZ-2D | Éxito |
Shiyan 22B | 13 de xaneiro de 2023 | CZ-2D | Éxito |
Shiyan 19 | 15 de marzo de 2023 | CZ-11 | Éxito |
Shiyan 24A | 7 de xuño de 2023 | Lijian-1 | Éxito |
Shiyan 24AB | 7 de xuño de 2023 | Lijian-1 | Éxito |
Shiyan 25 | 20 de xuño de 2023 | CZ-6 | Éxito |
Shiyan 24C-1 | 25 de decembro de 2023 | CZ-11H | Fallo |
Shiyan 24C-2 | 25 de decembro de 2023 | CZ-11H | Éxito |
Shiyan 24C-3 | 25 de decembro de 2023 | CZ-11H | Éxito |
Shiyan 23 | 11 de maio de 2024 | CZ-4C | Éxito |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Shiyan |