Silva (coas variantes: da Silva e D'Silva) é un apelido galego-portugués, que ten a súa orixe na "Torre e Honra de Silva" xunto á cidade de Valença, hoxe pertencente ao norte de Portugal. Ten unha orixe toponímica, deriva directamente da palabra galega/portuguesa: silva (planta rubideira que dá as amoras) ou da latina silva, que significa selva, foresta ou bosque.
É o apelido máis presente na onomástica portuguesa, sendo que en todo o mundo o seu uso é máis frecuente entre os habitantes de Portugal[1][2][3], Brasil[4][5] e en todos os países onde se fala portugués. En Italia é específico da zona que vai do Comasco ao Parmense pasando polo milanese, o pavese e o piacentino. En Galicia é moi frecuente (coa variante: Da Silva). Do antigo Reino de Galicia pasou coa reconquista ao sur de Portugal e a diferentes zonas de España. Coa emigración pasa a diferentes países latinoamericanos, sendo moi común en Chile entre outros.